Ofensiva contra a "manipulación" de El Mundo

O mundo da cultura en Galicia estase a movilizar para dar resposta a un artigo publicado hoxe por El Mundo e que asegura que o himno galego, aceptado por todos os partidos, "insulta" aos que non saben falar este idioma. Escritores, artistas, actores e xornalistas, entre outros, preparan un manifesto para respostar ao que consideran unha "manipulación". A noticia do diario madrileño rebautiza, ademáis, a Pondal como Gustavo en vez de Eduardo, auténtico nome de quen escribiu o poema 'Os Pinos'.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 20/08/2007 | Actualizada ás 21:16

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

14 Pepe El Gallego

[eliminado]

13 Félix

Non é a primeira vez e o galego e Galicia non son unha excepción; El Mundo está a satanizar as culturas "periféricas" da Península --mesmo o portugués--, e milita no españolismo excluinte. A obsesión españolista é tan grande que teñen publicado textos de menosprezo á cultura de Castela. Hoxe, El Mundo é un "fenómeno" informativo, cultural e político que merece estudo...

12 de aquí

Vamos a ver si GC nos pone el enlace al artículo en cuestión.Me gustaría leerlo. [o artigo sobre o que se discute está posteado enriba]
En cuanto a Méndez Ferrín nada que añadir.Como escritor cada cual tendrá su opinión.Como persona es simplemente un fascista, un aprendiz de dictador que sueña con su particular mundillo.

Afortunadamente jamás podrá llevar a la práctica sus ideas de taberna.

11 Oscar

Non lle sigades o conto a Juan Español; iso será a súa victoria; levar o debate por onde el quere.
O tema é o himno galego e El Mundo.
Por certo, vouvos contar un conto: EL MUNDO É NEUTRAL JAJAJA.
¿Onde estaban estes para protexernos nas maldades do Himno Galego mentres governaba o PP? ¡Ah, aí calaban! O artículo ese lio eu e paréceme aberrante, paréceme de escándalo; que queiran cambiar o himno galego porque din que insultamos aos de fóra. En primeiro lugar, non é da súa competencia cambiar o hino, é competencia nosa; en segundo lugar; polo planeta hai moito himno belicista; é contra eses non protestan. Os himnos de Francia e de Estados Unidos non poden ser máis belicistas, pero contra eses non teñen nada. O noso himno é pacífico; o único polémico que tén é uns versiños que eles non son capaces de analizar ben.

10 Xavier

Juan Español, Ferrín é un grandísimo escritor, de ideas iso sí, un tanto a desmán da realidade. Pero nunca censurou como Cela (outro gran escritor, que conste). Dicindo que Ferrín é mal escritor é amosar unha ignorancia impresionante