Buscan poñer en valor as antigas covas que funcionaban como adegas en Valdeorras

Así o acordaron nunha reunión a Deputación de Ourense e a Ruta do Viño de Valdeorras.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2022 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

A Deputación de Ourense e a Ruta do Viño de Valdeorras colaborarán na posta en valor das covas da comarca que antes funcionaban como adegas tradicionais. Así o acordaron nunha reunión o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o presidente da Ruta, Joaquín Sánchez. A de Valdeorras, lembran, é a única denominación de orixe de Galicia que utilizaba espazos escavados na terra para esta produción.

"Valdeorras é unha denominación clave entre as catro áreas de produción da provincia con selo de calidade e entre as cinco existentes en Galicia, coa que colaboramos desde hai anos porque cremos que non só desde o punto de vista enolóxico, senón tamén turístico, ten un peso importante", sinalou Baltar.

Sánchez, que estivo acompañado pola vicepresidenta da ruta, Montserrat Rodríguez, e a técnica Cristina Núñez, agradeceu a colaboración da Deputación, que se concretará en achegas de 30.000 euros nas anualidades de 2022 e 2023 para financiar gastos de funcionamento e proxectos.

O responsable da Ruta destacou a recuperación das covas da comarca, "un aspecto distintivo polo aproveitamento da xeoloxía da zona para elaborar e conservar o viño e que agora se pon en valor".

Vendima en Valdeorras. Foto: Prensa da D.O. Valdeorras.
Vendima en Valdeorras. Foto: Prensa da D.O. Valdeorras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta