Arrinca o festival PortAmérica, con 40 artistas e actividades paralelas

Desde este xoves e ata o domingo haberá concertos ou propostas como 'showrocking'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2022 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

A X edición de PortAmérica 2022 arrinca este xoves cunha programación musical que inclúe 40 artistas e con actividades paralelas nun evento que se prolongará ata o domingo día 5 en Portas e Caldas de Reis. Como novidades para este décimo aniversario, o festival presenta un novo formato 'sesión vermú' gratuíto na Tafona e unha nova sección de pastelaría, incluída no 'showrocking'. Ademais, por primeira vez, contará coa Carballeira de Caldas de Reis para a súa acampada.

PortAmérica defínese, segundo a organización, como un festival que ofrece unha proposta musical "que tende lazos de unión" entre Europa e Latinoamérica e que ten como obxectivo axuntar músicas, natureza e gastronomía. Con capacidade para un aforamento diario de 12.000 persoas, ata o momento foron vendidas 7.000 entradas para este xoves; 9.000, para o venres; e 10.000, para o sábado.

EXTENSA PROGRAMACIÓN

Este ano, o festival suma 40 artistas na súa programación musical. Referentes nos seus respectivos xéneros musicais como Xoel López, Depedro, Alice Wonder, Lisandro Aristimuño, Rojuu, The Parrots, Instituto Mexicano do Son, Bizarrap, Wos e Flecha Valona, son algúns dos compoñentes do cartel nesta edición.

PortAmérica 2022 presenta, ademais, unha nova programación musical "sesión vermú"' gratuítas, tanto para os asistentes ao festival como para a veciñanza, que terá lugar este sábado e este domingo, días 4 e 5 de xuño, no centro de Caldas, na área termal 'A Tafona'. Este encontro matutino contará coas actuacións, entre outras, de Marilia Monzón, Santiago Araújo, Pablo Lesui ou Mavica.

En relación ao 'showrocking', comisariado por Pepe Solla, reúne a preto de 40 chefs que suman 24 estrelas Michelín e elaborarán os seus petiscos creados especialmente para o festival.

Doutra banda, deseñadores e creadores galegos --moda, estética, arte, vintage-- terán un espazo onde mostrar e vender as súas creacións. Como en edicións anteriores, o festival pon a disposición dos asistentes liñas de autobuses desde seis das principais localidades galegas: A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Cambados-Vilagarcía e Vigo.

Bizarrap, Wos, Xoel López, Depedro, Alice Wonder, The Parrots e Rojuu e Instituto Mexicano, novas confirmacións do Portamérica. PORTAMÉRICA
Bizarrap, Wos, Xoel López, Depedro, Alice Wonder, The Parrots e Rojuu e Instituto Mexicano, novas confirmacións do Portamérica. PORTAMÉRICA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta