Calculan en 40.000 os animais mortos polos incendios dos últimos días en Galicia

A cifra é "extraordinariamente conservadora", din dende a Fundación Franz Weber.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2022 | Actualizada ás 20:26

Comparte esta noticia

A Fundación Franz Weber denunciou que os incendios dos últimos días nas provincias da Coruña, Pontevedra e Ourense poderían ter abrasado a uns 40.000 animais, segundo un estudo de modelos predictivos do catedrático Christopher Dickman, da Universidade de Sidney.

A organización explicou que estes cálculos de Dickman teñen como base a vaga de incendios que sufriu Australia durante 2020, estimando que en cada hectárea de monte existen entre 10 e 15 animais de especies diferentes que conviven, polo que a cifra aproximada para estes recentes lumes en Galicia cren que é "extremadamente conservadora", debido a "as dificultades para coñecer con exactitude o número de invertebrados e pequenas especies".

En concreto, a Fundación indicou que as chamas en lugares como o Monte Xiabre puideron afectar á poboación de cabalos semisalvaxes, "sen obviar as denuncias que a organización realizou neste espazo acerca da presenza de équidos coas patas atadas e encadeadas, cuxas posibilidades de supervivencia son ínfimas".

En todo caso, a ONG asegurou que o impacto sobre a natureza é "innegable" e, por iso, demandan que as medidas de restauración dos ecosistemas afectados teñan en conta o perigo que supón a caza para os animais sobreviventes. Así, reclaman a prohibición atemporal da caza en terreos adxacentes ás chamas.

Vista xeral do incendio na parroquia de Saiar, en Caldas de Reis, Pontevedra
Vista xeral do incendio na parroquia de Saiar, en Caldas de Reis, Pontevedra | Fonte: Gustavo da Paz - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta