Unidas Podemos reclama a Renfe que aumente as liñas ferroviarias en Galicia ante o "aumento" da demanda

Indican que "moitas persoas non poden viaxar aos seus centros de traballo ou educativos porque os trens están completos"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2022 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

Unidas Podemos reclamou a Renfe que aumente as frecuencias dos servizos ferroviarios en Galicia ante o "aumento" da demanda xerada "polos bonos impulsados" polo Goberno. Así figura nunha iniciativa rexistrada polo deputado no Congreso e secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, que puxo o foco en que os horarios e servizos "quedan curtos" á vista do interese xerado na cidadanía polos descontos.

"Moitas persoas non poden viaxar aos seus centros de traballo ou educativos porque os trens están completos, o que demostra que esta medida está a ter moi boa acollida entre as galegas, pero tamén que Renfe nestes momentos non oferta todo o que se necesita", incidiu o parlamentario, que pide solucións antes do comezo do curso universitario.

"Sabemos que parte das frecuencias quedaron anticuadas, hai liñas suspendidas pola pandemia que aínda non se recuperaron e isto sumado á falta de persoal e o abandono de moitas estacións en Galicia supón que a oferta ferroviaria non sexa útil para moitas persoas", incidiu.

Entre as demandas, Gómez-Reino situou o reforzo do servizo que sae ás 15,30 horas da Coruña en dirección a Pontevedra e Vigo, a extensión do tren das 08,00 horas nestas cidades e novas conexións desde Ourense e Lugo.

O deputado Antón Gómez-Reino. GALICIA EN COMÚN
O deputado Antón Gómez-Reino. GALICIA EN COMÚN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta