A Xunta arrinca a programación para festexar o Día Europeo das Linguas

Faino dentro do Festival Maré, Músicas e Artes Atlánticas 2022.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2022 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

A programación impulsada pola Xunta de Galicia para festexar o Día Europeo das Linguas --que se celebra cada 26 de setembro-- e que arrinca este domingo dentro do Festival Maré, Músicas e Artes Atlánticas 2022, unha iniciativa de Nordesía Producións enmarcada nos concertos do Xacobeo 21-22.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destaca que este día demostra que todos os idimas "son importantes e útiles, independentemente do número de falantes que teñan". Lembrou ademais que á cidadanía europea lle tocou "por sorte unha ampla diversidade lingüística que temos a obrigación, pero tamén orgullo e vontade, de protexer e de transmitir".

Os distintos escenarios de Maré acollen este domingo unha serie de concertos que visibilizan "a multiculturalidade, a diversidade lingüística e o entendemento" con actuacións de todo o mundo. A programación completa está dispoñible na páxina web do festival e repartirase entre o Teatro Principal, a Sala Riquela ou a praza de Mazarelos.

Remarcan que nesta edición se aposta pola creación feminina e xuvenil, a experimentación, as novas linguaxes artísticas e a diversidade cultural, "pondo o foco naqueles territorios cos que Galicia comparte lazos lingüísticos, históricos e outros sentimentais das dúas beiras do Atlántico".

"O CAMIÑO COMO FENÓMENO POLÍGLOTA"

Ademais de apoiar o Festival, a Xunta conmemora este luns cunha homenaxe "ao fenómeno cultural políglota por excelencia: o Camiño de Santiago". Con motivo desta efeméride, terá lugar un acto institucional ás 20,00 horas na praza de Pratarías, onde se lerán poemas de distintos autores europeos.

"O Camiño segue sendo a ruta máis antiga e concorrida de Europa e que atrae persoas de todo o mundo. Desta mestura, aparecen historias contadas en diferentes linguas e entre compañeiros de ruta. Fórmase así un relato coral e milenario que traspasa fronteiras idiomáticas e ten como resultado a comunicación entre os pobos", argumenta o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Presentación do Festival Maré 21. XUNTA
Presentación do Festival Maré 21. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta