A RAG celebra este sábado no Museo de Pontevedra as VII Xornada de Onomástica Galega

Por E.P. | A CORUÑA | 14/10/2022 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega celebra este sábado no Museo de Pontevedra o VII Xornada de Onomástica Galega, dedicada á relación entre os nomes propios e a literatura. Organizado pola institución académica co apoio da Deputación e o Museo de Pontevedra, será inaugurado este sábado, ás 10,00 horas, no salón de actos do edificio Castelao.

A inauguración estará a cargo do presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; a coordinadora do programa, a académica Luz Méndez; a deputada de Lingua, María Ortega; e o director do Museo de Pontevedra, Xosé Manuel Rei.

Berta Dávila, Marcos Calveiro, Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre conversarán sobre os nomes de personaxes nas súas obras de ficción. Haberá tamén un acto poético e musical a cargo de Xosé María Álvarez Cáccamo e Magdalena Gamallo, titulado "Cántico dos poemas esdrúxulos".

A onomástica na obra de Rosalía de Castro e a relación da toponimia coa ecopoesía son algúns dos temas que abordarán os especialistas na quenda de intervencións. Será nun programa aberto ao público.

Xornada de Onomástica Galega. RAG
Xornada de Onomástica Galega. RAG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta