Soben a case 200 os hospitalizados con Covid en Galicia

Descenden os casos activos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2022 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

Os hospitalizados con Covid-19 en Galicia aumentaron ata situarse nos 188, mentres os casos activos descenderon ata os 1.467, o que supón 241 máis que os notificados o sábado.

Segundo a información facilitada polo Sergas con datos recolleitos ata as 18,00 horas deste domingo, son 188 as persoas as persoas ingresadas nos centros hospitalarios galegos. Delas, 179 están en planta (+14) e nove en unidades de coidados intensivos.

Por áreas sanitarias, os ingresados subiron na da Coruña e Cee (+7), na de Ourense, Verín e O Barco (+6), e na de Vigo (+4). Pola contra, descenderon en Ferrol (-2), en Lugo (-2), en Pontevedra (-1), e en Santiago e O Barbanza (-1).

En canto aos casos activos, é dicir, persoas que padecen a enfermidade, descenderon ata os 1.467, que son 241 menos que os cuantificados o sábado. Así, os pacientes con coronavirus descenderon en todas as áreas sanitarias. En concreto, a área da Coruña conta con 285 persoas con Covid-19 (-18); Ferrol, con 124 (-29); Lugo, con 169 (-49); Ourense, con 323 (-71); Pontevedra, con 137 (-9); Santiago, con 175 (-32); e Vigo, con 254 (-33).

Todo iso nun día no que o Sergas notifica 50 novos contaxios de coronavirus en toda Galicia. Na área da Coruña detectáronse 13; en Vigo, 12; en Ourense, 7; en Santiago, 6; en Lugo, 5; en Ferrol, 4; e en Pontevedra, 3. Así mesmo, o Sergas non notificou ningún falecemento nas últimas horas.

Un enfermeiro vacina unha muller contra a covid-19
Un enfermeiro vacina unha muller contra a covid-19 | Fonte: Jesús Hellín - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta