Equipos de bombeiros axudan a saír dun vehículo un condutor que saíu da vía en Marín

Sucedeu ao fío das 12,30 horas deste mediodía, na VG-4.4, no corredor de Marín, dirección Pontevedra.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 17/04/2023 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

Un condutor necesitou axuda dos bombeiros para abandonar o vehículo que, por mor dunha saída de vía en Marín, quedara nunha posición inestable. Segundo informou o 112, os bombeiros non tiveron que excarcerar, pero si axudaron ao condutor a abandonar o seu vehículo debido á posición na que se atopaba, nunha cuneta e contra unhas árbores, tras saírse da vía.

Sucedeu ao fío das 12,30 horas deste mediodía, na VG-4.4, no corredor de Marín, dirección Pontevedra. Ata o lugar acudiron ao ser informados polo 112 Galicia, tras recibir o aviso dunha persoa particular, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros do Morrazo e os axentes de Tráfico. Igualmente, foron informados os bombeiros de Pontevedra, a Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta