Unha compañía de teatro galega denuncia insultos nunha función en Gran Canaria: "Limpa, puta!"

Censura, foron 90 minutos de "asubíos, insultos, apupos, comentarios sexuais, grupos entrando e saíndo do teatro, risas burlonas e ameazas"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2023 | Actualizada ás 20:58

Comparte esta noticia

A compañía de teatro galega A Panadaría denunciou insultos vexatorios de adolescentes nunha función de 'As que limpan' no Espal, un festival solidario que se celebra en Santa Lucía de Tirajana, en Gran Canaria, cunha función para 600 persoas, alumnado de institutos.

Na súa páxina de Facebook, A Panadaría explica que ao comezo da función comezaron a ouvir berros e "un ruído ensordecedor a todo volume" que, segundo destaca, "nada tiña que ver cos murmurios e risas de calquera outra función escolar" que fixesen antes.

Nese momento, entre os berros escoitan a voz dun mozo que grita "Limpa, puta!". A partir de aí, censura, foron 90 minutos de "asubíos, insultos, apupos, comentarios sexuais, grupos entrando e saíndo do teatro, risas burlonas e ameazas". Ademais, durante toda a obra asegura que se repetían os berros de "putas, putas!".

"Que pronto aprenden os homes a insultarnos con esa 'puta'. O peor insulto, o máis humillante, o que non ten equivalente en masculino (ou si? Ai, si, fillo de puta). E din puta e tratan de humillarnos, coma se o noso corpo non fose noso, coma se a nosa dignidade dependese de que fagamos ou non con el o que nos pete", denuncian as actrices.

Ao final da función, Ailén, unha das actrices, sinalou que "puta non é un insulto", mentres que o que si que é un insulto é "ser putero". "A resposta?", cuestionan, "máis berros". "E si, se ladran, se aúllan, se ensinan os dentes é porque pensan que se teñen que defender. Pensan que non merecemos ter voz, nin espazo, porque o mundo é deles e nós (putas, chachas) estamos ao seu servizo", expón.

Para concluír o comunicado, a compañía agradece ao alumnado do Espal que "non foron manada", así como á organización por "tentar achegar un espectáculo feminista como 'As que limpan' aos máis novos". "Seguimos adiante, o mundo vai ser feminista porque non imos parar", gabia.

Función da Panadaría.. A PANADARÍA
Función da Panadaría.. A PANADARÍA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta