Por Galicia Confidencial | Allariz | 16/05/2023 | Actualizada ás 09:00
A XIII edición do FIXA (Festival Internaciónal de Xardíns de Allariz) ten por tema central os xardíns do mundo. Dez formas diferentes de ver as diferentes culturas, especie de plantas e paisaxes que estarán representados nos xardíns deste 2023.
Xunto cos dez participantes chegados diferentes países do mundo e de diferentes territorios do estado --haberá xardíns realizados por paisaxistas galegos, madrileños, canarios, mexicanos, italianos, colombianos, cataláns e polacos--, un ano máis contarase cunha creación a cargo do CEIP Padre Feijoo e o IES de Allariz. A súa colaboración plasmouse na parcela educativa na que os rapaces e rapazas quixeron representar a súa visión, nun xardín no que se pode percorrer o mundo a través dos 5 continentes e no que se poden seguir as pegadas dos e das turistas, das emigradas e emigrados, dos e das refuxiadas e refuxiados...
PRESENTACIÓN OFICIAL
No acto de apertura do pasado sábado 13 de maio ás 19:00 h. estiveron María López, concelleira de Dinamización Económica, Cristina Cid, Alcaldesa, e gran parte dos paisaxistas que foron elixidos para esta edición. No transcurso do acto procedeuse á entrega do premio ao xardín gañador de 2022, "Camiño do recordo", e deuse a coñecer o gañador técnico, escollido dende a AEP (Asociación Española de Paisajismo).
Este ano firmouse un convenio de colaboración entre o Concello de Allariz e a Asociación, no que se recollía o compromiso desta a emitir un premio técnico. Este recoñecemento foi para o xardín estadounidense “Eu non creo nas meigas, máis habelas, hainas”. O encargado de dar o fallo da AEP, foi Francisco Suárez, director do Festival, quen agradeceu a presenza de todo o xurado e fillo unha mención especial a Guillermo Cuadrado como representante da AEP.
Ata o 31 de outubro poderase visitar o recinto que alberga os dez xardíns que concursan polo voto do público, ademais do xardín gañador na pasada edición e o xardín deseñado polos alumnos e alumnas dos centros educativos de Allariz.
FESTIVAL INTERNACIONAL DE XARDÍNS, UN EVENTO CONSOLIDADO
O Festival Internacional de Xardíns de Allariz (FIXA) converteuse nunha cita consolidada no programa paisaxístico e referente pola súa particularidade: é o único das súas características que se celebra en todo o Estado.
Cada ano, Allariz convoca este concurso ao que se presentan decenas de propostas chegadas de todo o mundo. Entre eles escóllense 10 que se exhiben e compiten polos votos que outorgan os máis de 40.000 visitantes que pasan cada ano polo festival.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.