Investigase na Merca a dúas persoas por estafar a un empresario 320.000 euros

A estafa produciuse durante tres anos mediante a compravenda de vehículos a motor e outros bens.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 13/07/2023 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Ourense investiga a dúas persoas na Merca (Ourense) como presuntos autores de delitos de estafa continuada, valorada nuns 320.000 euros, a un empresario da provincia na compravenda de vehículos a motor e outros bens

Segundo informa a Garda Civil nun comunicado, estas estafas producíronse aproxidamente durante un tres anos. Os investigados ofrecíanlle á vítima vehículos de alta gama e bens inmobles a un prezo baixo, que se supuñan procedían de poxas, polo que o afectado facíalles a transferencia bancaria sen chegar a recibir as compras.

Os dous investigados tiñan unha relación de amizade coa vítima, á que coñecían persoal e laboralmente dende facía anos. Durante ese período conseguiron que a persoa estafada realizase varias transferencias, maioritariamente para compras de vehículos -turismos, camións, motocicletas- aínda que tamén sobre varios bens inmobles e mesmo embarcacións.

As dilixencias foron presentadas no xulgado de garda de Ourense, aínda que non se descarta a continuación das mesmas nin de máis persoas implicadas e a posible comisión doutros ilícitos penais.

Axente da Garda Civil
Axente da Garda Civil | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta