Vítimas dunha obsesión I: o boleto de lotaría premiado con 4,7 millóns de euros na Coruña hai dez anos, un éxito de HBO

10, 17, 24, 37, 40 e 43, números que volveron tolos a toda unha cidade, con decenas de reclamantes dun premio que aínda a día de hoxe está sen dono.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 18/08/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Corría o 3 de xullo do ano 2012 cando tivo lugar o noso relato: tan certo como incrible. O sorteo da lotaría nacional desa xornada deixou un premio gordo na cidade da Coruña: 4,7 millóns de euros dos que todavía a día de hoxe se descoñece o dono. Un boleto perdido desafortunadamente, unha trama que roza ou cae de cheo na estafa e toda unha serie de hipóteses que quizáis nunca se poderán demostrar trouxeron de cabeza á cidade durante máis de dez anos.

Unha muller compra un décimo de lotaría a unha vendedora ambulante
Unha muller compra un décimo de lotaría a unha vendedora ambulante | Fonte: Eduardo Parra

Hoxe, decenas de reclamantes e xornalistas convírtense na voz desta historia a través dun novo documental da plataforma de vídeo HBO: 'Se busca millonario'. O que puidera parecer un relato que só interesaría aos galegos, fíxose dende a súa estrea un oco rápidamente nas primeiras filas das series máis vistas da canle, ocupando o 'top 10' durante xa fai máis de tres semanas.

Vamos paso a paso a paso no desenlace desta historia e de todos os seus protagonistas. O primeiro en elevar a voz de alarma foi Alberto Maía, un afamado xornalista de 'La Voz de Galicia' que por aquel entón se adicaba aos sucesos. "Entérome de que se encomendaba ao Concello da Coruña a tarefa de buscar á persoa que perdera un boleto da Primitiva un ano e medio antes, premiado con 4,7 millóns de euros", conta a HBO.

Estamos a falar dunha cantidade que moitos de nós nin sequera chegaremos a cheirar ao longo de toda a nosa vida, polo que a importancia deste feito é suprema. Como era posible que ninguén se percatase de que perdera un boleto premiado? No seu afán por chegar ao fondo do asunto, o xornalista descubriu que este boleto fora sellado (ou vendido) na administración de Carrefour da rúa Alfonso Molina. 

Mercedes e Antonio, os responsables desa administración, quedaron abraiados ao ver a historia publicada no xornal, pois eles non sabían nada desa perda. A Mercedes o propio delegado de Lotarías en Galicia, Miguel Reija, dixéralle que días despois do sorteo ese boleto xa fora cobrado, así que para ela ahí morreu o conto. Mais ao saír esta historia da perda á luz, non tardaron en ter que escoitar  a xente que os tachaba de ladróns, de terse quedado eles co boleto premiado, cando eles nin tan sequera o viran diante despois de telo sellado.

Lotarías e Apostas do Estado
Lotarías e Apostas do Estado | Fonte: Europa Press

E é que ese boleto, a pesar de ser vendido na administración de Carrefour, fora comprobado noutra: no mercado de San Agustín, a tres kilómetros de distancia, na outra punta da cidade, nada menos. Quen atopou ese boleto foi o propio loteiro de San Agustín, que asegurou que o atopara "por casualidade", e que como se atopaba só na administración déuselle por comprobalo. Foi entón cando asegura que apareceu esa mensaxe na pantalla de que o boleto estaba premiado cun premio superior. E saiu en todos os telexornais da época prometendo que en ningún momento se lle pasou pola cabeza quedarse con el.

O CONCELLO COMO ENCARGADO DA CUSTODIA... OU NON

Coñecida a historia, o Concello era o encargado de atopar á persoa que o perdera. Por que? Tal e como explica o por aquel entón alcalde da Coruña, Carlos Negreira, a HBO, "hai unha norma do século XIX, o Código Civil, que di que en caso de que unha persoa atope unha cousa ten que darlla ao seu lexítimo propietario, e se non o coñece ten que darllo ao alcalde do pobo". Así tería que ser, e por iso o boleto debería estar nas dependencias do concello, mais non rematou por ser así.

O boleto, para sorpresa do propio alcalde, rematou sendo custodiado por Lotarías do Estado. Dende o Concello non lles quedou outra que rematar por entender que era mellor así, xa que ao tratarse dun organismo oficial do Estado non habería problema. Pero parece que despois si o houbo e esa non foi a mellor solución posible.

E é que ao cabo dun tempo ouvíase que o boleto tiña un detalle significativo que axudaría a identificar ao verdadeiro dono. Os reclamantes comezaran a dicir que firmaran o boleto, ou ben que lle apuntaran o número de teléfono, cousa que xa os descartou, pois dende a Alcaldía aseguraron que "dende Lotarías do Estado garantizóusenos que non tiña ningunha marca, ningunha firma". Foi, pois, interesada esta filtración?

MEDIA CORUÑA RECLAMABA O PREMIO PARA SI

Ao quinto día de terse publicado a nova, xa entre 30 e 40 persoas reclamaban ser as donas do boleto. Pero a cousa non era tan fácil, debían demostrar que, efectivamente, eran o propietario. "Cando entrei na esquina había un boleto e dinllo ao loteiro, que me dixo que estaba sen sortear e que como eu o encontrara, se saía premiado, tiña dereito a unha parte do premio (unha vintena parte)", contaba unha das reclamantes á plataforma de vídeo.

"Eu un día fun coa miña irmá ao Carrefour, fun mirar os boletos e fixen un; pasei moitas noites sen durmir", di outro. "Eu fixen un boleto de forma manual, non automática, como logo se dixo: 10, 17, 24, 37, 40 e 43, números que en parte están no meu DNI e, en parte, fan referencia a un familiar", apuntaba outro. Un cuarto afirmaba: "Eu vou comprobar o boleto a onde vou sempre sabendo que estaba premiado e medio se lle cae ao loteiro, logo do que me di que ten 3,50 ou algo así, que non digo que o fixera a propósito; eu dixerino como malamente puiden".

O alcalde daquel entón afirma que foron "moitas as persoas que se identificaron como propietarias, foi un nespreiro en toda a cidade, abrumador; empezamos por 20, 39, 50 persoas e cando xa íbamos en cento e pico perdéramos a capacidade de sorpresa: e había xente de todo tipo, homes, mulleres, mozos, vellos, enxeñeiros, abogados...". Mentres, un abogado conta a HBO que "todos os despachos da Coruña recibimos alo menos unha persoa que dicía ser o premiado".

DESCÚBRESE UN DATO QUE O CAMBIA TODO: O LOTEIRO É IRMÁN DO DELEGADO

O xornalista de 'La Voz' revela a HBO que, co paso do tempo, "enterámonos de que unha persoa reclamou o premio dous meses despois do sorteo, antes de que tivese saltado a noticia na prensa e o expediente de achado no Concello". Tratábase de Manuel, un home moi maior que fora comprobar o boleto nun bar da rúa Antonio Noche e, ao dicirlle que non tiña premio, non llo devolveran. 

Cando Manuel se entera de que o boleto está premiado, lóxicamente, retorna ao bar para reclamalo, e atópase con que este está pechado, para sempre. Así o informa o seu avogado. Ao poñer estes datos en coñecemento de Lotarías, din que esa persoa non é a dona, porque o seu boleto non se tiña comprobado na administración que dicía a delegación.

Foi nese momento cando, sorpresa! Salta a bomba: o loteiro de San Agustín é o irmán do delegado de Lotarías na Coruña. Todos os demandantes comezan a cadrar as súas historias dicindo que notaron unha actitude estraña por parte do loteiro, pero aínda non hai dono oficial. Chega setembro e o loteiro intenta cobrar o premio, asegurando que o fixo "coa idea de que non perda a validez". Todo moi estraño...

As bólas caen para dar comezo ao Sorteo Extraordinario da Lotaría de Nadal de El Gordo
As bólas caen para dar comezo ao Sorteo Extraordinario da Lotaría de Nadal de El Gordo | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Lotarías do Estado : só un exemplo práctico de como se produce a estafa dende o Estado ! Non deberamos esquecer que a día de hoxe o Estado ten moitos pretendentes, para seguir estafando a tódolos xogadores... Cando a vida é un puro xogo, ás veces toca perdela !