30 mortes no que vai de ano en accidentes laborais

Galicia rexistrou no seis primeiros meses do ano 13.346 accidentes laborais, con 30 falecidos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2023 | Actualizada ás 13:04

Comparte esta noticia

Os datos son alarmantes, Galicia rexistrou nos seis primeiros meses do ano 13.346 accidentes laborais, con 30 falecidos, segundo un informe de UGT que, ante estas cifras, urxe un "plan de choque".

"Hai que atallar xa os accidentes laborais, as estatísticas non deixan lugar a dúbidas, esta segue sendo unha das grandes secuelas do mercado laboral en Galicia" sinala o sindicato tras as últimas cifras facilitadas polo Ministerio de Traballo e Economía Social.

Do total de accidentes laborais, 13.133 foron leves; 183 graves e 30 mortais. Así Galicia foi a quinta comunidade con máis falecidos. Por provincias, A Coruña rexistrou 6.130 sinistros; Pontevedra, 4.070; 1.590, Lugo e 1.556 Ourense. No seis primeiros meses do ano, a industria manufactureira foi a que máis accidentes rexistrou, 2.933; seguida da construción, con 1.918; e comercio e reparación de vehículos, con 1.469.

DATOS EN 2022

Aínda que UGT resalta que, en relación ao ano 2022, segundo datos do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga), "a sinistralidade total baixou, con respecto ao ano anterior, nesta Comunidade nun 2,75%, tamén é moi preocupante o forte incremento, dun 38,8% da sinistralidade mortal". "É evidente que algo está a fallar, polo que urxe extremar a vixilancia para que se cumpra a lei", indica o sindicato, que alerta sobre os accidentes durante desprazamentos.

Un obreiro durante a construción
Un obreiro durante a construción | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta