Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2023 | Actualizada ás 18:51
Un centenar de traballadoras do sector sociosanitario mostraron a súa oposición este xoves ao acordo alcanzado entre a Consellería de Política Social e os sindicatos CC.OO. e UGT para renovar o convenio do sector. A concentración tivo lugar fronte ao Parlamento de Galicia, onde manifestaron o seu rexeitamento a un acordo "asinado en pleno verán e sen votacións das traballadoras no centro".
Ademais de denunciar a ausencia de respaldo, cualifican de "moi insuficiente" o contido do novo convenio porque "non está na liña" do que defenden as traballadoras, que plasmaron as súas demandas nun escrito asinado por 1.000 empregadas do sector que foi enviado a Xunta e sindicatos. Censuran que o acordo "afasta" as condicións das traballadoras de Política Social das que gozan na categoría de sector persoal do Servizo Galego de Saúde a pesar de equiparalas.
Así mesmo, lamentan que non se aborde a problemática da mestura de persoas maiores con outros usuarios como os pacientes psiquiátricos ou con adiccións, o que repercute nos primeiros, quen, segundo as traballadoras, padecen "agresións de todo tipo". Así pois, consideran que o acordo asinado por CC.OO. e UGT coa Xunta "encarrila ao sector á privatización, como está a ocorrer con centros públicos como o de Cotobade".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.