Traballadores de empresas auxiliares de Ence en Pontevedra denuncian recortes e despedimentos de persoal

Os delegados de 14 empresas integrados na Coordinadora Unitaria de Traballadores Auxiliares alertan da "situación permanente de precariedade, inseguridade e sobrecarga de traballo que se agrava aínda máis do xa existente para o resto de compañeiros destas empresas auxiliares na factoría".

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 13/09/2023 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

Os delegados de 14 empresas integrados na Coordinadora Unitaria de Traballadores Auxiliares denuncian unha "campaña de recortes e despedimentos de persoal derivado que está a executar a dirección da fábrica de Ence Pontevedra nas últimas semanas a través das súas contratas". Nun comunicado, tamén alertan da "situación permanente de precariedade, inseguridade e sobrecarga de traballo que se agrava aínda máis do xa existente para o resto de compañeiros destas empresas auxiliares na factoría".

Deste xeito, censuran que "esta destrución de emprego e empeoramento das condicións de traballo" supón "unha falta evidente ao suposto compromiso do grupo empresarial co emprego e coa comarca onde se asenta". "Súmase aos xa normalizados recortes e falta de investimento que padecemos desde 2019 coa escusa do risco de peche da factoría e ás reiteradas situacións de vulneración da legalidade e de represión sindical denunciadas polas nosas seccións sindicais en contratas, que ademais repercutirá negativamente no xa precario estado de mantemento das instalacións e dos seus medios", agrega. Por tal motivo, os traballadores avisan de que impulsarán en próximas semanas asembleas de traballadores en todas as contratas auxiliares de Ence en Pontevedra para acordar medidas de mobilización a tomar.

O complexo industrial de Ence na Ría de Pontevedra
O complexo industrial de Ence na Ría de Pontevedra | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta