Hai crise para mercar unha vivenda?

Os datos indican un esborralle neste sector desde hai dez meses.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2023 | Actualizada ás 11:01

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou un total de 1.602 compravendas de vivendas en setembro, o que supón un 20% menos que no mesmo mes que o ano anterior, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) este venres.

Esta caída é lixeiramente inferior ao 23,7% de descenso da media española. Deste xeito, a compravenda de vivendas acumula 10 meses consecutivos de baixadas interanuais en Galicia, pois o último dato positivo produciuse en novembro de 2022. Como é habitual, a compravenda de vivendas en Galicia por cada 100.000 habitantes é a máis baixa do estado, con só 73 transaccións, lonxe da media de 114 no Estado.

Do total de setembro, a compravenda foi de 1.556 vivendas libres e 46 protexidas. Ademais, 434 eran novas e 1.168 usadas.

DESCENSO EN LEIRAS

Pola súa banda, o total de leiras transmitidas alcanzou as 8.201, un 5,9% menos que en setembro de 2022. É inferior ao retroceso do 13,2% na media do país. Estas 8.201 leiras divídense en 5.450 urbanas --2.891 vivendas, 176 solares e 2.383 doutro tipo-- e 2.751 rústicas.

Compravenda de vivenda en Galicia en setembro. EPDATA
Compravenda de vivenda en Galicia en setembro. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta