Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 30/11/2023 | Actualizada ás 13:48
O concelleiro do Concello de Vigo e exdiputado autonómico do PSdeG, Abel Losada, será o novo subdelegado do Goberno na provincia de Pontevedra, e tomará posesión do seu cargo a próxima semana, en substitución de Maica Larriba, que se xubilou e deixou o cargo a finais de agosto pasado.
Losada (Ourense, 1964) é doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor de Historia e Institucións Económicas na Universidade de Vigo, especialista en demografía e economía da poboación. Foi deputado no Parlamento de Galicia nas lexislaturas VII, VIII, IX e X, entre 2005 e 2019; ademais, entre 2010 e 2013 foi portavoz do grupo parlamentario socialista, e entre 2016 e 2019 presidiu a Comisión de Facenda e foi portavoz de Industria, Enerxía e Innovación.
Por outra banda, durante o goberno bipartito presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño, en concreto, entre 2008 e 2009, foi director xeneral do Gabinete do presidente da Xunta de Galicia. Do 2018 ao 2022 foi secretario xeral da agrupación socialista de Vigo. Así mesmo, foi concelleiro no Concello de Vigo entre 2006 e 2007, e volveu de novo á Corporación Municipal en 2019, como concelleira de Cultura. Desde as eleccións locais do pasado maio exercía como edil de Análise e Estudos Económicos no goberno de Vigo, presidido por Abel Caballero.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.