Lores descarta unha suba salariala a funcionarios municipais de Pontevedra alegando que subir os impostos

O alcalde de Pontevedra considera unha "canallada" e unha "hipocrisía" que populares e socialistas pidan a renovación da RPT, "unha medida que non expoñen alí onde gobernan".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2023 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, respondeu este xoves ás críticas recibidas polo goberno municipal, por parte dos sindicatos e dos grupos do PP e PSOE, pola súa negativa a renovar a Relación de Postos de Traballo (RPT), que descartou porque "obrigaría a subir os impostos".

Lores considera unha "canallada" e unha "hipocrisía" que populares e socialistas pidan a renovación da RPT, "unha medida que non expoñen alí onde gobernan".

Asegura o alcalde que esta petición é unha escusa para "enmascarar" un aumento de nóminas, que sitúa no 10%, e que sería "ilegal" porque estaría por encima dos acordos entre o Goberno e os sindicatos a nivel estatal.

Segundo calculou o alcalde de Pontevedra, a renovación da RPT suporía un aumento de tres millóns de euros no gasto de persoal do Concello co que "esa subida significaría un incremento de impostos", afirmou. Por exemplo, un 20% máis no IBI ou un 70% no imposto de circulación, segundo citou.

No orzamento municipal para o próximo ano o salario dos funcionarios do Concello aumentará un 9,5%. O capítulo de persoal pasará de 25,7 a 28,3 millóns de euros, o que supón un aumento do 10% respecto das contas de 2022.

CONCENTRACIÓN

Lores considera "lexítimo" que os sindicatos "queiran mellorar as condicións laborais" de todos os traballadores municipais, pero "cando non pode ser é imposible", engadiu. Os representantes sindicais dos traballadores do Concello concentráronse este xoves en sinal de protesta diante da sede municipal de Michelena 30.

A senadora do BNG Carme da Silva e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores
A senadora do BNG Carme da Silva e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores | Fonte: BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta