Negociacións entre SERGAS e sindicatos o vindeiro martes as condicións dos médicos de urxencias hospitalarias

Esta convocatoria chega nos últimos bandazos dunha tempada de gripe que deixou xornadas cunhas 2.700 asistencias diarias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2024 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde (Sergas) convocou aos sindicatos da mesa sectorial (CIG, CSIF, CCOO e UGT) a unha reunión o vindeiro martes, 30 de xaneiro, para abordar as condicións laborais dos médicos das urxencias hospitalarias.

Será a partir das 11.00 horas na sede da Consellería de Sanidade, en Santiago, e o principal punto do día será o seguimento da aplicación ao persoal de urxencias do acordo asinado o 20 de abril de 2023 con melloras salariais e redución da xornada que se aplicaron xa desde xullo do ano pasado.

Ademais, a reunión da mesa sectorial servirá para abordar a dotación de prazas que hai na categoría de médico de urxencias hospitalarias.

Esta convocatoria chega nos últimos bandazos dunha tempada de gripe que deixou xornadas cunhas 2.700 asistencias diarias --por diversos motivos-- en urxencias de adultos, unha cifra superior ás da tempada anterior, que roldaba as 2.500. Ademais, o pico de ingresos con gripe da última semana de 2023 supuxo unha marca con respecto ao cinco anos anteriores.

Edificio da Consellería de Sanidade en San Lázaro, Santiago de Compostela.
Edificio da Consellería de Sanidade en San Lázaro, Santiago de Compostela. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta