Persoal de Atención a Discapacitados denuncia o "bloqueo" da patronal na negociación do seu novo convenio

Afirman que levan 30 reunións "totalmente estériles" e que se negan "en rotundo" a "calquera avance".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2024 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

Persoal de Atención a Persoas con Discapacidade concentrouse este martes fronte á Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) para denunciar o "bloqueo" na negociación dun novo convenio. Decenas de persoas achegáronse esta mañá á Rúa do Vilar de Santiago, onde se sitúa a sede da CEG, convocadas por UGT e CCOO, que lamentaron a falta de colaboración por parte da patronal para actualizar un convenio que está "caducado". Esta concentración repetiuse en diferentes puntos de España, ao tratarse dun convenio nacional.

"Un convenio que tiña que arrincar a súa negociación fai uns cuantos meses. Arrincar en serio. A patronal está a atrasar todo e empeza a haber unha gran inquietude nos traballadores da discapacidade". Tania Alonso, da Federación de Ensino de CC.OO., afeou que tras 30 reunións, as negociacións foran "estériles". "A última foi o 7 de febreiro e non houbo ningún tipo de avance. Están totalmente negados en rotundo a conseguir calquera tipo de avance", afeou.

Entre as peticións dos sindicatos, presentadas ás reunións, está a subida do salario, xa que no convenio actual hai categorías que cobran por baixo do Salario Mínimo Profesional, "inadmisible", ademais das revalorizacións conforme ao IPC. Tamén as condicións sociais, apuntan, "totalmente estancadas". "Non queren saber nada de mellorar o complemento de incapacidade temporal, as excedencias, os permisos... As condicións de traballo desta xente son duras. É un sector complexo no que os traballadores pasan moitas vicisitudes e, evidentemente, os salarios e as condicións laborais teñen que estar acordes", defendeu.

Os sindicatos avanzaron que esta mobilización será o primeiro paso de todo un calendario de mobilizacións se a patronal non cambia a súa postura. "Evidentemente, irá 'in crescendo' en función da resposta que obteñamos por parte da patronal. A próxima mesa é o 19 de marzo e en función da resposta da patronal, estes conflitos sempre van ir in crescendo. Se a patronal non responde como nós consideramos que ten que responder, continuaremos coas mobilizacións", afirmou Alonso.

Concentración polo bloqueo da negociación do convenio de centros e servizos de Atención a Persoas con Discapacidade, en Santiago
Concentración polo bloqueo da negociación do convenio de centros e servizos de Atención a Persoas con Discapacidade, en Santiago | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta