Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2024 | Actualizada ás 14:26
A economía galega rexistrou un crecemento interanual do 2,9 % en xaneiro, segundo o Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia. Este avance do mes de xaneiro é similar ao dato rexistrado en decembro de 2023, segundo explica o Foro Económico nun comunicado. Destaca a evolución do turismo e o sector do automóbil, con ano marca en 2023. En xaneiro, os valores máis negativos rexístranse no transporte marítimo de mercadorías, cun descenso de máis do 20 %.
"O ano comeza coa inercia positiva do exercicio pasado e supera ás previsións coas que se comezou o ano pasado", sinala. "No lado negativo, persisten os factores de incerteza económica que caracterizaron os últimos meses dentro dun contexto económico internacional con síntomas de estancamento e cun conflito bélico que parece aínda lonxe de solucionarse", remarca o Foro Económico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.