Máis de 300 persoas participan nunha camiñada entre Palas de Rei e Santiso contra o proxecto de Altri na Ulloa

Que transcorreu entre a Leira de Quintas (Palas de Rei) -- onde ten previsto instalarse a factoría-- e a área recreativa da Cornella (Santiso).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2024 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

Convocadas polos colectivos Santiso Vivo e Ulloa Viva, máis de 300 persoas participaron este domingo nunha camiñada reivindicativa contra o proxecto de Altri na Ulloa que transcorreu entre a Leira de Quintas (Palas de Rei) -- onde ten previsto instalarse a factoría-- e a área recreativa da Cornella (Santiso).

O percorrido, de cinco quilómetros, pasou por parte do trazado no que Altri proxecta os 12,5 quilómetros de tubaxes polos que pretende trasladar ata a factoría auga do encoro de Portodemouros.

Neste acto reivindicativo, ademais de numerosos veciños da zona, participaron tamén os alcaldes de Santiso, de Melide, de Agolada, de Vila de Cruces, de Arzúa e de Toques, así como representantes das corporacións municipais de Antas de Ulla e de Touro, segundo trasladou a Plataforma Ulloa Viva.

Ao chegar á área recreativa A Cornella, os asistentes formaron unha cadea humana ao redor do río Ulla, momento no que despregaron pancartas baixo a lema 'Altri, Non' e consignas como 'A auga é nosa e non da celulosa'.

Alcaldes da zona na que tería incidencia a factoría que Altri pretende instalar en Palas de Rei.. ULLOA VIVA
Alcaldes da zona na que tería incidencia a factoría que Altri pretende instalar en Palas de Rei.. ULLOA VIVA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta