Lugo, entre as cidades galegas con rendibilidade de vivenda máis alta, e A Coruña, entre as máis baixa

En Pontevedra, está no 5,3 por cento e en Ourense, no 5,8 por cento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2024 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

Un estudo sitúa a Lugo entre as cidades galegas coa rendibilidade da vivenda máis alta, un 6,7%, mentres que A Coruña está entre a máis baixa, un 4,8%. En Pontevedra, está no 5,3 por cento e en Ourense, no 5,8 por cento. Así o recolle un informe realizado polo portal inmobiliario idealista, que sinala que a rendibilidade bruta da compra dunha vivenda para pola no mercado do aluguer creceu durante o primeiro trimestre ata o 7,3% en España.

"Xa que, ao finalizar 2023, o retorno que ofrecía situábase no 7,1%, o mesmo que no primeiro trimestre de 2023". Segundo o estudo, a rendibilidade obtida duplica, no peor dos casos, as taxas que ofrecen os Bonos do Estado a 10 anos (3,2%).

Mentres, o informe, que relaciona os prezos de venda e aluguer de distintos produtos inmobiliarios para calcular a súa rendibilidade bruta, especifica que as oficinas se manteñen como o investimento inmobiliario máis rendible.

Entre as capitais españolas, Lleida é a que resulta máis rendible, xa que alcanza o 8,4%, seguida polas cidades de Murcia (7,8%) e Huelva (7,4%). Con rendibilidades superiores ao 7% sitúanse Almería (7,2%), Segovia (7,2%), Xaén (7,1%) e Zamora (7%).

Pola contra, San Sebastián é a cidade onde a rendibilidade é máis reducida (3,8%), seguida por Cádiz (4,7%), A Coruña (4,8%), Palma (4,8%), Pamplona (4,9%) e Bilbao (5%). En Madrid a rendibilidade alcanza o 5,2% e en Barcelona chega ata o 5,8%.

Os locais son o produto que maior rendibilidade ten en case todas as capitais. Así, en Pontevedra é do 7,6%. Ourense é o mercado nas que a rendibilidade das oficinas é menor, cun 6 por cento, cidade na que a rendibilidade dun garaxe está no 3,3 por cento.

Por outra banda, un estudo da plataforma de investimento sustentable Ener2Crowd.com mostra que os mozos están cada vez máis lonxe da posibilidade de comprar unha vivenda. O prezo medio por 100 metros cadrados está na Coruña en 137.000 euros; en Lugo, en 101.400; en Ourense, en 112.900 e en Pontevedra, en 161.800. Na primeira a media de anos necesarios é de 18; en Lugo, de 13,3; en Ourense, de 14,8 e na de Pontevedra, 21,2 anos.

Bloques de vivendas en Fontiñas, Santiago
Bloques de vivendas en Fontiñas, Santiago | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta