XIV edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz

Baixo o lema 'O xardín é unha obra de arte' abrirá as portas este sábado, día 11 de maio, ás 19:00 h.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 10/05/2024 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Baixo o tema central "O xardín é unha obra de arte", o Festival, que poderá ser visitado ata finais de outubro, alberga doce xardíns efémeros seleccionados entre case corenta propostas recibidas dende diferentes puntos da xeografía mundial. Nove xardíns entran en concurso a través da votación do público que visita anualmente o recinto e os outros tres serán: os xardíns gañadores do ano pasado --o colombiano Xardín Informal e o madrileño Xeometrías do Nilo respectivamente--, ademais do xardín deseñado polo alumnado do IES de Allariz.

María López e Cristina Cid visitando o Festival Internacional de Xardíns. Foto: Comunicación Concello de Allariz.
María López e Cristina Cid visitando o Festival Internacional de Xardíns. Foto: Comunicación Concello de Allariz.

Paisaxistas galegos, madrileños, ecuatorianos, portugueses e austríacos participan nesta edición na que os visitantes poderán gozar de espazos dedicados a diferentes estilos artísticos. Haberá dende xardíns impresionistas ata un xardín dedicado a danza, así como o característico arte pop.

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz converteuse nunha cita consolidada no panorama paisaxístico e referente a nivel estatal por ser o único con estas características, polo que pasan, de maio a outubro, preto de 40.000 visitantes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta