A RAG busca colaboradores para pesquisar a toponimia galega nunha ducia de concellos

Trátase da iniciativa 'Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra' que alcanza a súa sétima edición.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2024 | Actualizada ás 15:12

Comparte esta noticia

A iniciativa de divulgación da toponimia galega 'Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra' alcanza a súa sétima edición, nesta ocasión centrada en doce concellos para recuperar nomes de montes, leiras, fontes, camiños ríos, e outros microtopónimos.

Coordinada pola Real Academia Galega (RAG), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, esta campaña percorrerá o catro provincias galegas na procura de persoas e entidades que se somen á recollida de nomes a través da plataforma 'Galicia Nomeada' e da súa aplicación para dispositivos móbiles.

O obxectivo é mobilizar á sociedade galega en torno ao "tesouro do patrimonio histórico da toponimia", manifestou o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, quen asegurou que se busca "recuperar a memoria histórica detrás destes nomes" con implicación da sociedade na súa recuperación.

Con charlas, chegará nesta ocasión, entre os meses de xuño e novembro, a Camariñas, Tordoia, Boiro, Abadín, Antas de Ulla, Láncara, Cualedro, Vilar de Santos, Arnoia, Salceda de Caselas, Barrio e A Illa de Arousa.

"As cifras avalan o éxito", sinalou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen apuntou ás 76.000 achegas "e miles de colaboradores", aínda que apelou ao sete concellos nos que non hai aínda para que se somen.

Pola súa banda, o coordinador da unidade técnica de toponimia da RAG e de Galicia Nomeada, Vicente Feijoo, asegurou que haberá charlas nas que se abordará a importancia da microtoponimia como patrimonio cultural; o funcionamento da App 'Galicia Nomeada', que conta con máis de 3.500 usuarios e o significado das palabras, entre outros aspectos.

Presentación dunha nova edición de 'Toponimízate'. RAG
Presentación dunha nova edición de 'Toponimízate'. RAG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta