Temas: TOPONIMIA GOOGLE

Tentan que os mapas de Google non recollan Villanueva de Arosa, Panjón ou Ginzo

Unha campaña píde que se poñan os topónimos en galego no Google Maps para evitar nomes castelanizados como La coruña, Orense ou Finisterra.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/05/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Unha petición en change.org conseguiu xa case 1.000 sinaturas en menos de 48 horas para que Google Maps en español cambie os topónimos de Galicia á súa única forma oficial.

Piden que os mapas de Google recollan a toponimia en galego
Piden que os mapas de Google recollan a toponimia en galego

Segunda esta petición, iniciada por Ignacio Alonso, Google Maps en español, a través de Wikipedia en español, empezou a substituír os topónimos oficiais de Galicia nos seus mapas (tanto de concellos como microtoponimia) por antigas formas usadas en castelán.
Moitas destas formas están en desuso ou son ridículas, que prexudican gravemente a normalización da toponimia de Galicia”, recolle esta petición. Entre eles figuran La Coruña, Orense, Finisterra (formas que si poderían ter nome en español) con topónimos menores como Villanueva de Arosa, Panjón, Ginzo de Limia ou Puenteareas.

Son ridículas castellanizacións de tempos pasados”, suliña. A lei (Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, dispón no seu artigo 10 que "os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega" e obriga ao uso dos topónimos oficiais, é dicir, en galego. “Xa que a Wikipedia négase ao uso das formas oficiais, pídese a Google Maps que, polo menos, respecte en español as únicas formas oficiais dos topónimos de Galicia”, conclúe.

Temas: TOPONIMIA GOOGLE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 Iris que no Iria

Y por qué no galleguizan también Santiago y lo cambian por San Iago do Cemiterio? Eso no os conviene, no? Mamarrachos!

1 MIGHALLO

Y por qué no te galleguizas tu también de paso, que buena falta te haría.

2 BoberíasFuera

Tontaina, que no tienes otro nombre

3 Ventomareiro

Santiago de Compostela es ya topónimo gallego y bien gallego, como se puede comprobar por la Compostilla del Bierzo (León).

2 Españolistas dades noxo

Google é unha empresa con mundo, ao contrario dos empresauros pailáns que temos na terra.

1 Parabéns!

Parabéns pola iniciativa! De feito xa superaron o obxectivo do 1000. Ademais, xa houbo xente que se comunicou recentemente con Google de xeito directo e era un erro resultado da última actualización. Coido que eses topónimos deturpados serán substituídos pola forma correcta na vindeira actualización, como estaban antes. Parabéns a Google por ser sensible e corrixir os erros que cometen.

1 galegueando

bravo!