Temas: ANOVA EN MAREA

ANOVA aposta polo partido instrumental pero asina a coalición En Marea

Ante a peche do prazo para inscribir coalicións, o partido de Beiras acepta repetir os términos de En Marea. Agora ben, di que aínda se pode atopar unha solución diferente e advirte que consultará as súas bases sobre a fórmula defintiva e as listas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/05/2016 | Actualizada ás 22:37

Comparte esta noticia

ANOVA Irmandade Nacionalista asegura nun comunicado que se veu “na obriga de asinar preventivamente a coalición ‘En Marea’ antes de consultar a decisión sobre a fórmula xurídica ás súas bases”. O partido de Xosé Manuel Beiras mantivo onte unha reunión con Podemos Galicia e Esquerda Unida. 

Beiras nunha asemblea aberta de ANOVA
Beiras nunha asemblea aberta de ANOVA

Os nacionalistas non lograron convencer de que cómpre formar un partido novo, aínda que sexa meramente instrumental, para asegurar que na repetición das eleccións -se En Marea repite máis de cinco escanos- Galicia non quede sen grupo parlamentario, como sucedeu nesta lexislatura. Por iso, e dado que este 13 de maio remata o prazo para rexistrar coalicións de cara ao 26X, aceptou asinar a coalción, aínda que dá a entender que non ten porque ser esta a fórmula definitiva.

Malia as informacións no sentido contrario, ANOVA di que non renuncia á fórmula do partido porque “queda prazo até o día 23 para poder escoller outra fórmula”.

En concreto, fai un chamamento  á “cidadanía consciente” para que acuda á Asemblea de ‘En Marea’ convocada para o vindeiro 15 de maio no Auditorio de Galiza de Compostela. Nesta reunión das bases da coalición, ANOVA pretende demostrar aos seus socios que a cidadanía prefire a solución do partido propio. 

Para alonxar as informacións dunha posíbel ruptura da coalición, ANOVA asegura que “ terá moi en conta o sentir da Asemblea do 15M de ’En Marea’ para adoptar unha decisión definitiva neste eido”. Ademais, posteriormente as bases de ANOVA votarán sobre a fórmula xurídica na que van concorrer.

Por outra banda, a Comisión Permanente de Anova, , convocará para a semana vindeira un novo proceso de primarias para “dilucidar os candidatos e candidatas a se integraren nas listas electorais de ‘En Marea’ para as eleccións ás Cortes do Estado do 26X”. O partido de Beiras e Martiño Noriega argumenta que se trata dunha novas eleccións , polo que non necesariamente hai que concorrer coa mesma fórmula e cos mesmos candidatos co 20D.

Temas: ANOVA EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

9 Antonimus

Dende que aprendín a palabra "troll", omni mani padme hum, ilumíname este mantra: benetroll, cigatroll, upetroll, omni mani padme hum, din que mexan por nós, omni mani padme hum, pero non, chove, chove, chove, omni mani padme hum, nin suxeito, nin nación, nin grupo, omni mani padme hum, pero eu ...omni mani padme hum

8 comunista independentista

Trolls a soldo do Bloque a ladrar o seu resentimento, a vomitar odio, a ornear frustración, mentres o negocio do que viven (o entramado corrupto bng-cig subvencionado por España) vai a pique. Nada novo.

1 interpol

Aquí temos o suposto comunista encubridor de pederastia dando leccions de moralidade.

7 casiana

YOLANDA ES DE LA CASTA RANCIA Su estilo y sus actos la colocan como genuina representante de la vieja política: control partidario, evitar las primarias, trilería y manejos, deslealtad con los socios, falta de ética y de palabra, desmesurada ambición personal de poder, dice una cosa y hace otra, ... . No tiene apoyo popular, tiene que recurrir sistemas oscuros para colocarse. No va a tener mi voto.

6 Ana

Beiras pode ser un señor se para a ofensiva contra a posibilidade de ter grupo galego por parte de IU e Podemos. Pero tamén pode quedar como un cretino, calificativo usado polo Rubén Pérez e ampliado polo Xabier Ron e a trepa Yolanda Díaz. Aguardamos que Beiras non traicione os miles de galegos que no seu día o apoiamos. Depois do domingo saberemos se ANOVA vai de farol. Saberemos se Beiras serve ao povo galego ou nos entrega a Madrid para gloria de Pablo Iglesias e os vendidos do PCE.

5 fer

Se o camiño escollido ben sendo acabar como sucursal de Podemos na Rexional Noroeste, pouco respeito merece o final da figura de Beiras. Triste papel. E os golfiños moito pior, todo tragan, polo poder. Comeza a cheirar mal, as Mareas feden, era aire fresco o que precisamos cando fuximos do viciado pola UPG para meternos na cova dos lobos amaestrados polo PCE. Acaso esta baixada de calzas non merece petar co puño na mesa, erguerse alporizado e denunciar publicamente o amaño? Beiras referente dos mansos que aceitan o sacrificio? Valoramos a retirada valente antes de someterse ao nacionalismo español?