Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 25/05/2025 | Actualizada ás 20:27
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, comprometeuse a seguir gobernando Galicia "como queren os galegos", con 'sentidiño', fronte aos "espectáculos de corrupción e todo o que se ve" do PSdeG fronte ao "non a todo" do BNG, aos que "nada lles gusta e sempre están enfadados". Pola súa banda, a oposición volveu atacar aos populares pola privatización da educación e a falta de recursos na sanidade pública.
Rueda participou este domingo na 'romaría' popular no Monte Castrove do PP de Poio, á que asistiron máis de 1.000 persoas, na que tamén participou a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luís López, e o alcalde, Ángel Moldes. "Imos cubrir a nosa palabra e que así vos sigades sentindo orgullosos", aclamou Rueda, á vez que enxalzou a alta participación nesa romaría nun día en que a xente "podía estar en calquera outro sitio".
Rueda enxalzou o "bo facer" do líder local, Ángel Moldes. "Un alcalde moi orgulloso con moitas ideas e que vai seguir dando moitas alegrías", asegurou, á vez que remarcou que, os populares en Poio, teñen unha oportunidade para demostrar que "saben facer moi ben as cousas".
UNIVERSIDADE PRIVADA
Pola súa banda, o deputado do BNG no Parlamento de Galicia Daniel Castro presentou unha batería de iniciativas para reclamar ao Goberno da Xunta que "nin acepte nin permita" a implantación en Galicia da denominada Universidade Emilia Pardo Bazán, "promovida polo grupo empresarial Cesuga co obxectivo de que empezo a funcionar no curso 2026-27 cun campus propio na Coruña".
Neste sentido, denunciou estar "ante unha ofensiva privatizadora na universidade" e advertiu de que "o único que achega a privatización da universidade son maiores diferenzas e máis desigualdade entre o alumnado galego". Así mesmo, o BNG lembrou nunha nota de prensa que o Goberno galego "aínda non se pronunciou sobre o Cesuga, a pesar de que pasou máis dun ano desde que este proxecto recibiu o voto en contra da Conferencia Xeral de Política Universitaria".
SAÚDE MENTAL
Tamén a portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Elena Espinosa, presentou unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia para reclamar á Xunta que presente un novo Plan de Saúde Mental "centrado no reforzo de recursos e persoal".
En concreto, os socialistas galegos levarán á próxima sesión plenaria esta proposta para esixirlle ao Goberno galego "unha folla de ruta clara fronte a un problema de primeira orde", e cunha atención "sinalada" na prevención do suicidio. Nunha nota de prensa, os socialistas instaron ao Goberno galego a "tomarse en serio o problema despois de preparar durante anos a treboada perfecta, limitando as contratacións e reducindo os recursos para saúde mental mentres Galicia situábase á cabeza na taxa de suicidios".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.