Temas: CPXG XORNALISMO

Críticas á nova Lei Mordaza polas multas a xornalistas

O Colexio de Xornalistas considera "intolerable" a nova sanción á xornalista de Radio Catalunya Mercè Alcocer.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/05/2016 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

Primeiro foi o xornalista Axier López e agora é Mercé Alcocer. Os dous informadores foron sancionados xa ao abeiro da nova lei mordaza por indicación da Delegación do Goberno de Madrid, a mesma que quería prohibir as esteladas na final da Copa do Rei.

Paco González Sarria, novo decano do CPXG xunto ao saínte, Xosé Manuel Pereiro e o secretario, Darío Janeiro
Paco González Sarria, novo decano do CPXG xunto ao saínte, Xosé Manuel Pereiro e o secretario, Darío Janeiro | Fonte: CPXG

Por iso, a Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) acaba de manifestar o seu total apoio á xornalista de Catalunya, multada por desobedecer á Policía, supostamente, cando desenvolvía o seu traballo na Audiencia Nacional o pasado 10 de febreiro.

A xornalista cubría unha información de indubidable interese público e só pretendía acceder a unha zona autorizada, segundo as súas declaracións. Este caso foi precedido polo do xornalista Axier López, a quen tamén se multou o pasado mes de abril con 601 euros por publicar a foto dunha detención “sen autorización”.

"A intolerable decisión da Delegación do Goberno de Madrid ampárase na Lei de Seguridade Cidadá, máis coñecida como Lei Mordaza, e supón unha proba máis de que as liberdades de expresión e información quedan inxustificadamente supeditadas a criterios que derivan nunha acción de censura arbitraria e inadmisible en democracia", aputna o CPXG.

Neste sentido, lembra que este tipo de sancións impóñense sen intervención da autoridade xudicial, malia que poden poñer en risco dereitos fundamentais. Por iso, concorda plenamente na reprobación da lei manifestada reiteradamente por outros colexios profesionais, asociacións, sindicatos, xuristas, a ONU e organizacións como Reporteiros sen Fronteiras ou Amnistía Internacional. Tamén insta ós partidos que obteñan representación nas próximas Cortes Xerais a que tramiten con urxencia a súa derrogación.

Temas: CPXG XORNALISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta