Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/06/2025 | Actualizada ás 12:06
Os medios de extinción tiveron que volver durante a noite aos edificios da avenida Cesáreo Pondal, no municipio coruñés de Laxe, ao volver saír fume pola zona dos áticos. Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 01.00 horas deste domingo varios particulares e a Garda Civil alertaron de que volvía saír fume pola zona dos áticos. As chamas afectaron o piso que xa ardese.
Ata alí desprazáronse os Bombeiros de Carballo e Santa Comba, o GES de Ponteceso. Así mesmo, a Garda Civil desaloxou o edificio máis próximo e no operativo tamén se uniu unha motobomba de Medio Rural. O suceso comezou sobre as 14.00 horas do sábado cando varios particulares alertaron dun incendio nunha vivenda e xente que pedía axuda no interior dos seus domicilios.
Por iso, 13 domicilios de tres edificios diferentes, que comparten o patio de luces, foron afectados. Neste sentido, segundo informa o Consorcio Contraincendios e de Salvamento A Coruña as persoas desaloxadas foron derivadas, por parte do Concello, a un hotel. Ademais, os profesionais de sanitarios trasladaron a unha persoa, o único ocupante da vivenda onde se orixinou o incendio, ao hospital de Cee por queimaduras leves nas mans.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.