Investigado por apropiarse de 65.000 euros dun ancián con problemas de memoria

Tŕatase dun veciño seu de Arzúa.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 13/08/2025 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

A Garda Civil do posto de Arzúa abriu unha investigación contra un veciño da localidade, de 63 anos, como presunto autor dun delito de apropiación indebida.

Segundo informa a Benemérita, está acusado de retirar da conta bancaria dun home de 84 anos e con problemas de memoria un total de 65.450 euros durante os últimos dous anos.

A investigación iniciouse por mor dunha denuncia presentada polo sobriño da vítima. Un familiar afastado do ancián observou ao investigado e á vítima nunha entidade bancaria retirando elevadas sumas de diñeiro, o que espertou as súas sospeitas.

Este familiar puxo os feitos en coñecemento do sobriño da vítima, quen, ao compartir o seu pai a titularidade da conta corrente co ancián, puido comprobar as numerosas retiradas de efectivo realizadas durante os últimos dous anos, que ascendían a un total de 65.450 euros.

O diñeiro retirado non se correspondía cos gastos habituais do ancián, que vive só e ten problemas de memoria. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Arzúa.

Coche da Garda Civil
Coche da Garda Civil | Fonte: GARDA CIVIL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta