Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 09/09/2025 | Actualizada ás 11:49
O sindicato Alternativas na Xustiza (AXG) denunciou unha situación "caótica" no Tribunal de Instancia do municipio coruñés de Betanzos, que vincula con falta de persoal. Nun comunicado, explica que levan máis dun ano advertindo que "a nova estrutura xudicial implantada pola Xunta de Galicia, que significou a desaparición dos xulgados e a creación dos Tribunais de Instancia nas vilas, non era máis nada que un cambio cosmético que non se baseaba en ningún estudo de cargas de traballo nin de persoal".
En concreto, apunta a Betanzos como "un dos exemplos máis evidentes" desta problemática, onde o Executivo autonómico "non tivo en conta as cargas de traballo que arrastraban os antigos xulgados" e o número de procedementos, execucións e escritos pendentes que, engade, "non deixan de medrar ano a ano". Por outra banda, denuncia que non se creou "ningunha praza máis no Tribunal de Instancia, o único que fixo foi cambiar de nome, cando as cargas de traballo xustificábano sobradamente".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.