CC.OO. critica a Xunta por recortar postos no dispositivo antincendios

O sindicato alerta de que 15 postos desaparecerán para crear seis prazas na Unidade de Directores de Extinción (UDEX) cun orzamento de 306.055 euros.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/09/2025 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

Comisións Obreiras (CC.OO.) denunciou a xestión do dispositivo antincendios da Xunta, advertindo que, nun contexto de incendios sen control en Pantón e O Bolo , a Consellería do Medio Rural anunciou a amortización de 15 postos de traballo. O sindicato responsabiliza á Secretaría Xeral Técnica e á Dirección Xeral de Defensa do Monte da supresión de 13 postos de vixiantes de incendios e dous de oficiais de defensa, que serán substituídos por seis prazas na Unidade de Directores de Extinción (UDEX) cun orzamento de 306.055 euros.

Varios bombeiros forestais tratan de extinguir o lume en Lornís, a 18 de setembro de 2025, en Pantón, Lugo. Carlos Castro - Europa Press
Varios bombeiros forestais tratan de extinguir o lume en Lornís, a 18 de setembro de 2025, en Pantón, Lugo. Carlos Castro - Europa Press

CC.OO. esixe á Consellería "cumprir as promesas" e reforzar o dispositivo sen recortes, alertando de que a medida implica "desvestir un santo para vestir outro". Mentres, o Sindicato Labrego Galego (SLG) reclamou á Xunta que teña en conta os danos provocados pola maquinaria de extinción nos prados e parcelas agrarias, como os campos de Agolada afectados pola apertura de devasa con bulldozers.

Pola súa banda, a Xunta informou de que continúa a repartición de palla e cereais para a alimentación da fauna silvestre afectada polos incendios do verán, prevendo distribuír un total de 31.000 quilos de palla e 3.000 quilos de cereais, coa intención de ampliar estas cantidades nas zonas onde sexa necesario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta