Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2025 | Actualizada ás 14:55
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Executivo autonómico amplía ata o 30 de outubro o prazo para pedir axudas polos incendios, un paso que permitirá que os afectados polas chamas dos últimos lumes rexistrados na comunidade poidan solicitar estas prestacións se o ven necesario. Ademais, Rueda concretou que xa se pagaron 19 axudas para vivendas, catro para negocios e 13 para 'tecores'. Fontes do Executivo autonómico trasladaron que o importe total desas axudas supón 1,7 millóns de euros, sendo a maior contía (sobre 1,4 millóns) a das axudas para os danos en inmobles.
Ademais, na reunión semanal do Executivo galego, acordouse activar un plan especial de voluntariado, en principio na provincia de Ourense, para "colaborar nas tarefas de prevención de arrastres" e de alimentación da fauna silvestre nas zonas incendiadas. "Imos destinar 200.000 euros para estes voluntarios para cubrir os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención. A previsión é que sexan ao redor de 700 para traballar en espazos protexidos de 12 concellos. Hai previsión de que traballen catro fins de semana", resolveu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.