Como sobreviviu un galego ao campo de exterminio de Mauthausen

Joaquín Balboa foi un republicano que sufriu a represión e a prisión tres veces; a dos franquistas en Barcelona, a dos franceses en Barcarés e a dos nazis en Mauthausen.

Por Galicia Confidencial | Monterrei | 07/07/2016 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Joaquín Balboa, natural de Monterrei, foi carabinero en Barcelona durante a Guerra Civil. Logo fuxiu a Francia e estivo detido nos coñecidos como campos da vergoña. En 1940 formaba parte da 209 Compañía de Traballadores, no departamento do Yonne, onde foi apresado polos alemáns en agosto dese mesmo ano. Pasou por varios stalags (campos para prisioneiros de guerra) ata recalar en Mauthausen, xunto a máis de 9.000 republicanos españois, en abril de 1941. Era un triángulo azul (apátrida) co número 3833.

Joaquín Balboa, no campo de Mauthausen
Joaquín Balboa, no campo de Mauthausen

A Asociación Cultural Monterrei Cultura e Territorio quer renderlle, agora, homenaxe a este loitador antifascista natural de Estevesiños (Monterrei) cunhas Xornadas sobre ‘Exilio e Deportación’ que se desenvolverán na Casa da Cultura de Verín os días 2,3 e 4 de agosto. Máis sobre a vida deste loitador antifranquista en Historia de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta