Os movementos da CRTVG en Lugo

Os traballadores das Delegacións da TVG en Galicia remitironnos un novo comunicado no que denuncian as modificacións que está a levar a cabo a compañía, logo das denuncias contra ela. Segundo eles, a dirección "trata de aparentar unha legalidade, polo visto, inexistente ata o de agora"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 19/10/2006 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

Elimina a figura do Delegado/a, responsable da TVG nas Delegacións, e substitúe esa figura pola dun Coordinador contratado directamente polas Productoras.

O primeiro paso tralo coñecemento oficial das denuncias foi eliminar a figura do Delegado, que era un traballador contratado pola propia compañía, que traballaba en cada Delegación e que era vínculo directo entre a Televisión de Galicia e os traballadores das Delegacións.

Decidiron ordenar ás productoras que puxeran en funcionamento a figura do Coordinador coas mesmas funcións que o que ata este momento era delegado/a, pero que estará contratado directamente pola productora o que elimina a figura dun traballador da Galega no que eles consideran que non é a súa Delegación..

Así pretenden acabar cun baleiro legal mantido ata o de agora e dar a imaxe de que entre Delegacións e Compañía non existe ningún tipo de vínculo laboral. O que é rotundamente FALSO.

Se ata o de agora as ordes chegaban ós traballadores das Delegacións a través dos responsables da TVG, agora será a través dun traballador contratado pola productora.

Pensan que así rompen calquera vínculo real entre os traballadores de San Marcos e os das diferentes provincias.

Dáranse situacións tan esperpénticas como a da Delegación de Vigo, onde os traballadores quedan nun piso e a Delegada marcha para o piso de arriba prohibíndoselle todo contacto directo cos traballadores.

Os delegados de Lugo e Ourense, por exemplo, foron desprazados dos seus postos..

A orde, aínda que saíu directamente de San Marcos, chegou ós traballadores da man das propias productoras.

Desta orde chegaron unidas ameazas veladas para que tódolos traballadores retirasen as súas demandas. Pero o certo é que agora está en xogo tamén a nosa dignidade como traballadores dunha empresa que de súpeto nos rexeita.

Os traballadores das Delegacións da CRTVG, cremos que é indigno o tratamento que estamos a recibir de San Marcos. De repente, tratan de dar unha imaxe de desvinculación total con nós cando é completamente FALSA.

Traballamos exclusivamente para eles, aínda que é posible que a partir de agora tamén provoquen un cambio nesa situación; recibimos ordes directament dos nosos xefes de informativos de Santiago; aínda que está claro que agora pretenden que a situación, polo menos aparentemente, cambie; somos a súa imaxe e facemos un producto exclusivo para os informativos da compañía e deso non hai NINGUNHA DÚBIDA.

Non entendemos esta actitude da Compañía que, despois de coñecer a existencia de denuncias dos seus traballadores que só reclaman os seus dereitos, deciden modificar substancialmente as súas condicións de traballo.

Algúns traballadores levan anos cumprindo coa Galega e agora só reclaman ese cambio tan prometido pola nova dirección do Ente.

Non queremos nada que non nos corresponda, pero non entendemos como poden tratarnos como a traballadores externos á casa cando SEMPRE traballamos ó seu servizo.

Agora o que máis nos chama a atención é que a súa actitude sexa disfrazar unha situación insostible dándolle a apariencia de normalidade.

Crear novas figuras de forma repentina e eliminar os lazos de unión entre Delegacións e Central en San Marcos, só nos da a razón e confirma a xustiza das nosas reivindicacións".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

35 Panorama!

Concordo absolutamente con alleo. Se cadra subestimas a figura de Edelmira, pero o demáis é absolutamente certo. Existen, como existían na anterior dictadura, cargos de responsabilidade que son cadros servís dos partidos ou xestores que pensan que é o mesmo poñer unha inxección que dirixir un informativo. Que méritos presentou Roberto Cid máis que o servilismo para acceder a ese posto? Vemos que non importa, no caso da Carracedo, vir de redactar noticias que non se entenden, perpetrar directos apocalípticos e escribir con faltas de ortografía se lle ris as gracias ó eminente Pepiño Blanco (ainda que non as entendas). Suplen a súa incapacidade coa entrega á causa de turno, a que dicten os de riba. Os gregarios son valorados e adquiren responsabilidade. Recelan dos que só se adican ó seu traballo, dos que saben facer o seu labor e non entran no xogo do mamoneo. E non os cuestiones, porque te alinean en seguida cos do PP. Ou connosco ou contra nós, isto é, cos outros.

Despois, uns sindicatos que agardaron ter un goberno afín para lexitimarse no seu. A enorme maioría deles son pésimos traballadores e, por máis, están á marxe dos problemas reais da maioría dos que alí traballamos. De verdade esperaban que, en vez de votar non no referendum, os vitoreasemos por estar de acordo coa empresa?

E fóra disto, que nos queda? Os traballadores ninguneados sacan adiante a emisión, a xente das delegacións curra nuns turnos de gulag puteada por todos, mentres uns responsables que en calquera empresa estarían realizando os labores para os que están cualificados (no caso de Edelmira non se me ocurre cales poden ser) están encantados consigo mesmos, e uns sindicatos enrocados nos seus privilexios fanlle as beiras a un bipartito a paos, que o que menos lle preocupa é que se ve e quen o ve. Vaia panorama! Os que votamos esquerda, desde logo, nunca pensamos que consistía nos mesmos hábitos do PP con máis incompetencia e ese pasmoso aire de superioridade moral. Cousas veredes!

34 mendinho

Os culpables do que está a ocorrer na galega son os directivos do ente, contratados pra sanealo, ése é o seu chollo, levando por diante a quen sexa por mandato DOS DOUS PARTIDOS QUE GOBERNAN que están de acordo nisto.
Sí, sí, manda carallo; peléxanse por todo, lévanse a matar, pero nisto, qué riquiños están de acordo....mesmo nos amaños puntuais ilegais que lle queren colar ó consello.Sí pra iso está o consello pra "chequear" e controla-la acción de goberno do ente, e por iso necesitan dous tercios, pra que falcatruadas como a da RTG en Vigo non se poidan facer.
Eses son os bos detalles do xogo político e da democracia. Cada partido ten a súa aposta e no consello viuse claramente. E logo está o comité en tódalas empresas o papel do comité é a defensa dos traballadores (sic), pero vése que en CRTVG todo é diferente. Non necesitamos que ninguén nos explique quen é o inimigo; todos somos adultos e maduros e estamos tendo a sorte de ver en primeira fila "quen fai que..." quen axuda, quen se compromete e quen está de lama ata as cellas e mesmo tenta tirar tallada desta situación.
Os traballadores da CRTVG saben ben quen é o inimigo e se boa parte deles elixiron o camiño da xustiza pra que decida, probablemente e que non atoparon mans no camiño, nada máis que pra afogalos, iso sí cun sorriso nos beizos.

33 mendinho

Os culpables do que está a ocorrer na galega son os directivos do ente, contratados pra sanealo, ése é o seu chollo, levando por diante a quen sexa por mandato DOS DOUS PARTIDOS QUE GOBERNAN que están de acordo nisto.
Sí, sí, manda carallo; peléxanse por todo, lévanse a matar, pero nisto, qué riquiños están de acordo....mesmo nos amaños puntuais ilegais que lle queren colar ó consello.Sí pra iso está o consello pra "chequear" e controla-la acción de goberno do ente, e por iso necesitan dous tercios, pra que falcatruadas como a da RTG en Vigo non se poidan facer.
Eses son os bos detalles do xogo político e da democracia. Cada partido ten a súa aposta e no consello viuse claramente. E logo está o comité en tódalas empresas o papel do comité é a defensa dos traballadores (sic), pero vése que en CRTVG todo é diferente. Non necesitamos que ninguén nos explique quen é o inimigo; todos somos adultos e maduros e estamos tendo a sorte de ver en primeira fila "quen fai que..." quen axuda, quen se compromete e quen está de lama ata as cellas e mesmo tenta tirar tallada desta situación.
Os traballadores da CRTVG saben ben quen é o inimigo e se boa parte deles elixiron o camiño da xustiza pra que decida, probablemente e que non atoparon mans no camiño, nada máis que pra afogalos, iso sí cun sorriso nos beizos.

32 alleo

Visto desde fora queridos colegas da TVG da aimpresión de que estades a gasta-las enerxías en loitas persoais e quizais perdedes de vista onde están os voso propios enimigos.
Polo que dicides aquí,oOs sindicatos de clase xa parace que non vos son inimigos tan só son correas de transmisión dos responsables da empresa. Da a impresión de que se converteron en sindicatos amarillistas.
Os verdadeiros inimigos vosos son os seguintes:
1. O Director Xeral, Benigno Sánchez,que non vexo mencionada en case ningún escrito. Él é o verdadeiro executor. Non e que teña ideas propias pero fai o que lle mandan con tal de mante-lo posto. Neste caso estades na mesma situación que tiñades con Paco Campos que era como outra personalidade de Pérez Varela, xunto co tolo de Barciela.
Benigno Sánchez é o inimigo dos traballadores da CRTVG.
2. O Director de Informativos e os seus sicarios e executores antes sindicalistas. Roberto Cid e Antón Ferreiro, son os verdadeiros maquinadores de tódolos males dos profesionais da TVG. Eles non están capacitados, nunco o estiveron.
Eles preparan as estratexias que logo decide o PSOE. Eles deciden o que debe facer Benigno Sánchez.
Deberíades orientar as vosas liortas contra Roberto Cid e non contra os coitadiños dos sindicatos.
Deberíades dedicarlle a Roberto e a Antón, sin olvidar a lamentable figura de Edelmira. Da que en Madrid non podían ver en ningunha institución oficial ou privada, polo seus maravilloso carácter e por mala educación.As noticias que nos contaba en pantalla eran un poema.
Non vos peleedes entre vos e lanzade os dardos contra os verdadeiros represores.
3. Monclus e Lema, tamén son capaces de calquera falcatruada con tal de manter os seus cargos. Son auténticos sicarios dispostos a executar (laboralmente) a quen faga falta. Non tendes máis que ver a desfeita que fixeron no Sergas ó servicio do PP. Tanto sirven para arranchar un Hospital como una televisión. Creo de debiades presentarllos a Cafarell.
Son unha auténtica desgracia para calquera empresa medianamente eficaz.
Deixade en paz ós sindicalistas que son fixos.
Deixade en paz ós do Consello de Administración que non saben nin que empresa administran.
Deixade de pelexar entre vos, porque mentre facedes eso Benigno, Roberto, Monclus, Lema e Edelmira están a partirse de risa.

Tendes que ter en conta que si despistades a atención cara a Toruiño ou a Quintana, volvedes a perder o verdadeiro obxectivo.
Son máis perigosos os sicarios que os mandamais
E moito máis perigoso Roberto Cid porque é capaz de poñer a cabeza de calquera para satisfacer a Touriño ou a Pepe Blanco.
E máis perigoso Antón Ferreiro porque é da mesma cuña que calquera dos xornalistas.
Ferreiro é un converso do sindicato e os conversos son os máis radicais.
Debedes ter en conta que o máis probable é que Ferreiro sexa un auténtico comisario político, un chivato, un vixiante da praia, un pobre home.
Non perdades de vista a Lois Quintas, o loitador pola liberdade de expresión reconvertido en comisario político e coartador da liberdade.
Tampouco pedades de vista a Vega, que foi o mascarón de proa da loita pola liberdade de expresión e pola pluralidade. Agora estará vendido o gran capital e a empresa.
Benigno Sánchez é o principal inimigo da TVG.
Monclús é o verdadeiro sicario de Benigno
Lema é o verdadeiro sicario de Monclus.
E non vos olvidedes dese sindicalista que está agora como capitalista máximo da CRTVG. Este sindicalista reconvertido en capitalista é o xefe de dos sindicalistas de comisións obreiras, da que chamades Comandante e dos outros comparsas ou comisionistas.

31 Fixo solidario

Comapañeiros:A CIG colgou no taboleiro de anuncios da radio tres enormes follas que vos resumo.
NOn permitirán "chanchullos" coa plaza de Vigo.
Recoñecen que sodes traballadores da casa (Eu pasmo)
Aseguran que van loitar polos vosos dereitos.
Reclaman que se faga un catálogo de postos no que teñades cabida.E así ....ad infinitum.Nótase que empeza a campaña para as próximas eleccións sindicais e estes queren limpar algo a merda , non das persoas da actual candidatura, que esa non se limpa nin con Fairy e lixivia xuntos, pero tentan alomenos salva-las siglas.No entretanto UXT e USO a velas vir.
A CIG adoptou onte esta decisión despois de que no Consello de Administración se tratou o tema da praza de Vigo.Como viron que o PP non picaba, necesitaban os seus votos, decidiron dala por perdida e cambia-las tornas.XM quedaches sen plaza .O teu sindicato tenta salva-los mobles.
Pois sabedes que vos digo.Que estupendo.Que ogallá os demais sindicatos fagan o mesmo e ogallá que o PP tamén vos apoie porque o importante é que gañedes o recoñecemento da vosa pertenza a casa.
Despois será o momento de opositar , controlando que o proceso sexa limpo.