O BNG mete no mesmo saco a PP, PSOE e mareas

O Bloque presenta a foto de familia das súas listas cun ataque a Feijóo, Leiceaga e Villares “que sorprendentemente defenden o mesmo marco porque os tres din que a Constitución e o Estatuto son o traxe que necesitan os galegos"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2016 | Actualizada ás 22:44

Comparte esta noticia

A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, evitou "facer de comentarista das leas" doutras formacións políticas porque considera que isto "beneficia a Feijóo" e porque impide que se escoiten as alternativas ás políticas do Partido Popular.

Presentación das candidatas do BNG
Presentación das candidatas do BNG

Con todo, Pontón proclamou en Santiago que o BNG é a "única forza política que aposta por dar un paso adiante para cambiar o actual marco para avanzar no autogoberno de Galiza e ter capacidade real de dar solucións aos problemas do país". Enfronte, os tres rivais candidatos, -Feijóo, Leiceaga e Villares-, empeñados en manter “o mesmo traxe estreito para Galiza”.

Ao BNG non lle vale a Constitución nin o Estatuto

“Estamos ante unha encrucillada no que os galegos e as galegas temos que apostar por dar un paso adiante, non é o momento dos parches, nin a Xunta é unha xestoría onde se cambian as caras duns xestores por outras. Desde o BNG apostamos por un cambio político e por abrir unha nova etapa para Galiza”, salientou Pontón.

Por contra, -recalcou-, os candidatos Feijóo, Leiceaga e Villares “que sorprendentemente defenden o mesmo marco porque os tres din que a Constitución e o Estatuto son o traxe que necesitan os galegos e as galegas, mentres que no BNG pensamos que é un traxe que nos vai estreito e que precisamos dar un paso real no noso autogoberno, incrementar a capacidade para poder facerlle fronte aos problemas do país e blindar un novo marco que garanta os dereitos sociais”, explicou Pontón.

Así o expresou este sábado antes de reunirse cos membros das candidaturas do Bloque antes das eleccións do 25 de setembro para "preparar o esprint final antes da campaña". Ademais, recordou que "o único que lle preocupa" é a situación que deixa a política do PP, a cal incrementou "case un 30 por cento" a pobreza e deixou "a máis de 70.000 persoas vivindo con menos de 600 euros ao mes".

Así mesmo, resaltou que "a especialidade do BNG é Galicia" e que é a única forza que defende "a súa capacidade, autogoberno e que quere que dun paso cara a adiante". Para iso, apostou por "mirar cara a Galicia" e non "para Madrid", tal e como o fixeron os nacionalistas "historicamente". Esa forma de actuar, sinala, "atópase no BNG".

Entre os obxectivos principais antes do encontro coas urnas, a candidata sinalou a necesidade de demostrar "a todas esas persoas desgañadas coa política" que o BNG pode dar "solución aos problemas da xente". "Que vexan que hai solución despois do que pasou a nivel estatal, onde o PP e Cidadáns impoñen un programa de dereitas sen ha haxa ningunha outra alternativa", lamentou.

Propostas

Por outro lado, Pontón apuntou a que a política autonómica está nun momento "que non necesita parches", senón "un proxecto de país". Neste sentido, indicou que o BNG é unha organización "con historia" e con "capacidade para xestionar e para impulsar os cambios que se necesitan".

Ao fío diso, indicou que Galicia "non é unha xestoría na que se pode cambiar uns xestores" por outros". "Necesítase abrir unha nova etapa política e temos tres candidatos que están a defender o mesmo marco", reivindicou. Segundo Pontón, a Constitución e o Estatuto "é un traxe que lle queda axustado a Galicia", e o necesario é "dar un paso" para poder dar solución aos problemas da comunidade.

Pontón asegurou que é imposible que haxa un política "seria e real" para acabar cos recortes no marco da actual Constitución, xa que defende que non pode haber diñeiro para a educación e a sanidade "se os impostos dos galegos emigran". A este respecto, argumentou que Galicia entrega 3.000 millóns de euros máis de impostos dos que logo o estado español inverte na comunidade.

"Moitas persoas comparten connosco o inconformismo que temos na sociedade, na que hai que acabar con medias tintas e (co feito de) que non teña a valentía de tirar para diante, para coidar da xente que quere un futuro mellor que poña a Galicia a producir,", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

18 Quellesdeanbertorella

Si que son iguais os do PP, PSOE, Mareas, e Ciudadanos: Cál é o plan que ten calquera deles para Galiza se gaña? Votar por siglas é de parvos ( sintoo por algún que se poida sentir ofendido ) prefiro falar do naval, do rural, do seitor da madeira, da banca galega, do seitor eólico, da promoción da nosa cultura, da promoción do galego e a busca de novos espacios de traballo para o mesmo...etc. Se alguén se compromete a tratar eses piares da nosa economía con un plan coma o que tiña o BNG ou millor poderase respetalo. Polo visto ata o de agora: os demáis son lixo...xa veremos se fan algo os das mareas, porque si que tiñan un bo plan para gañar; pero logo hai que gobernar e niso non os vexo nada ben.

17 Alberte

Seica o da Falange EspaÑÑÑola Auténtica atopou uma maré de gente que pensa o mesminho que ele

16 NonAsTouradas

Lores vai nas listas? Ou vense tan apurados que o sacan na foto como reclamo? Un dos alcaldes que sistematicamente incumpre os estatutos do BNG do límite de mandatos no cargo?

15 eusi

Unha foto vale máis ca mil palabras: Até nunca Bnjajaja, adeuuuuuus

14 Vaia 3

PP, PSOE, Marea-Podemos -> A OTAN é guai PP, PSOE, Marea-Podemos -> Todo dentro da Constitución PP, PSOE, Marea-Podemos -> Centro de mando en Madrid PP, PSOE, Marea-Podemos -> A UE mola mazo PP, PSOE, Marea-Podemos -> Otegi que cumpla a lei e non se presente

1 Comunista

O BnG está en contra da OTAN (Lores loves Brilat), contra a Constitución (será contra a galega, "Estatuto de Nazón", o-la-lá), xa non depende dos seus pufos coa banca española (4 millóns de €uros e os coroneirs en nómina de LVG) e apoia a Otegi (a abstención á Lei de Partidos foi un despiste...)? Debe ser outro BnG. O Bloque Nacional de Gambia ou o Bloco Nacionalista de Groenlandia.