A CRTVG só dará voz no debate electoral a PP, PSdeG, BNG, En Marea e Ciudadanos

A Compañía de Radio e Televisión de Galicia emitirá o 12 de setembro o debate dos candidatos das "forzas significativas" que se presentan ás eleccións autonómicas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2016 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

A Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) ofrecerá un debate entre os cinco candidatos que optan á Presidencia da Xunta das "forzas significativas" que se presentan ás eleccións autonómicas do próximo 25 de setembro. O debate será emitido en directo e simultaneamente na Televisión de Galicia (TVG) e na Radio Galega (RG) o 12 de setembro, en horario de máxima audiencia.

Sala de control da TVG
Sala de control da TVG | Fonte: CRTVG.

Segundo trasladou este xoves a compañía, os chamados a participar neste encontro con "igualdade de tempo" son os aspirantes polo PPdeG, PSdeG, BNG, En Marea e Ciudadanos, formación, esta última, que non ten ningunha representación na Cámara galega.

Ao respecto, a CRTVG xustifica esta elección por tratarse das organizacións que xa obtiveron representación nas anteriores eleccións autonómicas e volven presentarse ou que, segundo o criterio da Xunta Electoral, teñen carácter de "forzas políticas significativas", deixando fóra a outras formacións minoritarias pero con aspiracións a obter representación no Parlamento galego

Así mesmo, concretou que a cita terá lugar nos estudios da Televisión de Galicia en San Marcos, na capital galega, e convidou no mesmo escrito os representantes destes grupos a realizar un encontro de traballo previo para negociar os diversos aspectos do debate.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

1 E que pasa con Sain

En Marea é a antiga AGE así que ten dereito. Pero Ciudadanos por que? E dará algo de voz a isto ou fará como Yolanda, que dimitir pa que? http://www.lavozdegalicia.es/notici...

1 Independentista liberal-social

Comparto totalmente o teu argumento. Anova-IN e EU-IU teñen representación no Hórreo, pero C´s non. Se Ciudadanos entra, tamén deberían estar o resto de candidaturas extraparlamentarias.