Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/07/2009 | Actualizada ás 17:33
E é que un dos principais enigmas do novo partido é o destino dos vellos colectivos organizados que integran +BNG; é dicir, PNG-PG, Colectivo Socialista, Inzar e EN. Unha problemática que, polo momento, ten difícil solución.
Un grupo importante de independentes de +BNG quere a desaparición formal destes partidos e a inclusión da súa xente como militantes máis no novo partido, aínda que conservando un "estatus especial" como corrente de opinión. Outros abogan por manterse como partido organizado dentro da nova formación e os menos buscan fórmulas alternativas para evitar un divorcio que poderían consistir na constitución dunha fronte, ao estilo do BNG. "Pero falariamos dunha fronte dentro doutra fronte", apunta un dirixente consultado para falar do revirado da fórmula.
Colectivos como Espacio Socialista e Inzar estarían dispostos a falar de novas fórmulas para integrarse no novo partido, pero EN e, especialmente, PNG-PG son reacios a abandonar as súas siglas e integrarse nun novo partido. Os dirixentes da formación herdada do Partido Galeguista de Castelao, e a único que non é de esquerdas dentro do BNG, non quere perder a súa idiosincrasia e a súa historia.
Por iso, e a falta de que se poñan enriba da mesa fórmulas que poidan gustar a todos, o nacemento de +BNG como partido pode ser longo e traerá aparellado conflictos de intereses. Con todo, os principais impulsores desta nova formación son conscientes da necesidade de unificar posturas e de concentrar esforzos para facer fronte, conxuntamente, ao poder que a UPG ten dentro do Bloque.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.