A redactora de TVE que felicitou a Feijóo, premiada co caso das tarxetas black

O Consello de Informativos denuncia esta decisión e critica ao ente público por ascender a “seareiros” políticos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/09/2016 | Actualizada ás 11:24

Comparte esta noticia

"Enhorabuena a @FeijooGalicia, claro, pero felicidades también a los gallegos por votar Gestión y no otras cosas. Envidia sana de ellos", escribía nun tuit a xornalista de TVE Susana Burgos xusto despois de coñecerse os resultados electorais en Galicia e que retuiteou logo o presidente de Telemadrid, Salvador Molina.

Susana Burgos, xornalista de TVE procedente de Intereconomía
Susana Burgos, xornalista de TVE procedente de Intereconomía

A pesar das críticas que ese comentario nas redes sociais suscitaron entre os seus compañeiros da corporación pública, a dirección deste ente decidiu premiar a Burgos cun tema de absoluta actualidade e no que hai destacados cargos do PP implicados, o xuízo polas tarxetas black de Cajamadrid.

Esta xornalista procede de Intereconomía e foi unha fichaxe dos actuais responsables de TVE que contrataron a moitos profesionais que traballaban en medios moi próximos á dereita. Moitos deles, e tal e como denuncian os sindicatos “están escalando moi rápido” dentro do ente público.

De feito, desde o Consello de Informativos decidiron denunciar esta decisión que premia a unha xornalista que non fixo outra cousa que cuestionar a integridade dos Servizos Informativos. "Os comentarios de Susana Burgos manifestando as súas preferencias pola vitoria dun partido político con modos propios dun seareiro é algo igual de inadmisible. E especialmente grave por canto ao día seguinte foi designada para informar o caso das tarxetas black  nos telexornais", sinalan desde o Consello que regula a independencia da Corporación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta