Case toda a esquerda galega protesta este sábado contra os novos tratados de libre comercio

Unha gran manifestación recorrerá Vigo este sábado para demandar a “fin da impunidade das multinacionais” e alertar dos perigos dos pactos que a UE negocia cos Estados Unidos.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 13/10/2016 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

Vigo acollerá este sábado unha gran manifestación contra os tratados de libre comercio internacional. A práctica totalidade dos partidos da esquerda galega salvo o PSOE (ANOVA, BNG, Equo Galiza, Esquerda Unida, PCG, Podemos Galicia); numerosas mareas locais (Compostela Aberta, Marea Atlántica, Marea de Vigo, Marea de Pontevedra, etc.); todos os grandes sindicatos e varios máis pequenos salvo a UXT (CIG, CC.OO., SLG,SF Intersindical) e colectivos ecoloxistas (ADEGA, Verdegaia, Amigos da Terra, etc.) apoian, entre outros, a convocatoria artellada pola campaña Non ao TTIP Galiza.

A Asociación Amigos da Terra desprega un cabalo de Troya inflábel en Vigo para protestar contra o tratado TTIP
A Asociación Amigos da Terra desprega un cabalo de Troya inflábel en Vigo para protestar contra o tratado TTIP | Fonte: ilcanallarubens.wordpress.com

A manifestación partirá da Vía Norte as 19 horas baixo o lema “Nin TTIP, nin CETA, Nin TISA! Non aos Tratados de Libre Comercio!”. Os organizadores pretenden así alertar das consecuencias de varios dos pactos que negocia a Unión Europea con Estados Unidos.

O máis coñecido é o TTIP, o gran acordo marco para o libre comercio entre os dous xigantes. Con todo, a plataforma tamén critica o “CETA , o cabalo de Troia do TTIP , que se negociou en segredo durante máis de cinco anos e pretende ser ratificado a finais de 2016”. Ademais lembran “a oposición pública e dalgúns sectores concretos económicos e sociais, como o agrícola, pequenas empresas ou asociacións de xuíces, que denunciaron a ilegalidade de incluír tribunais privados para os investidores”.

A protesta galega é parte dunha día de acción global “nos cinco continentes”. A aprobación do TTIP e dos seus tratados auxiliares dábase por segura hai uns meses. Con todo, o clima político cambiou paulatinamente ante as mobilizacións populares.

Varios países, nomeadamente Francia, mostraron o seu escepticismo impulsado pola inminente campaña presidencial no país galo. A marcha do Reino Unido (o gran aliado dos EE.UU. dentro da Unión) e o descoñecido resultado das eleccións norteamericanas (onde os tratados de libre comercio son un dos puntos principais do debate) conxelaron polo de agora a súa aprobación.

Este é o chamamento da convocatoria:

As organizacións da sociedade civil, sindicais, campesiñas e políticas, novas, homes e mulleres de todo o mundo convocamos un outono en resistencia para esixir a suspensión dos mal chamados acordos de libre comercio e investimentos, como o acordo entre a Unión Europea e Canadá, chamado CETA, ou o xa coñecido TTIP, que se negocia con EEUU. Estamos convencidas de que para promover unha sociedade igualitaria e respectuosa dos dereitos das persoas e o medio ambiente é imprescindible reformular o sistema de comercio global que, a día de hoxe, unicamente favorece a concentración do poder en mans dunhas poucas multinacionais.

O outono en resistencia global chama á mobilización popular fronte aos tratados de libre comercio e polo fin da impunidade das multinacionais.

En Europa e en Canadá, este ano facemos especial fincapé no CETA, o cabalo de Troia do TTIP, que se negociou en segredo durante máis de cinco anos e pretende ser ratificado a finais de 2016. Tanto a Comisión Europea como algúns Estados membros están a empuxar forte para que o tratado asínese canto antes. O goberno en funcións de Mariano Rajoy ofreceu o seu apoio incondicional á firma do CETA, a pesar de non ter ningún estudo de impacto que asegure un beneficio para a nosa economía, sociedade ou medio ambiente.

Con todo, canto máis se coñece o CETA maior é a oposición pública e dalgúns sectores concretos económicos e sociais, como o agrícola, pequenas empresas ou asociacións de xuíces, que denunciaron a ilegalidade de incluír tribunais privados para os investidores, como o ICS. Ademais, xa son varios os Estados que por distintos motivos expresaron a súa opinión contra este tratado.

A pesar desta crecente oposición, a Comisión Europea pretende concluír este ano a firma do CETA grazas ao apoio doutros Estados membros, entre eles o Estado español.

Dada a extrema gravidade das súas consecuencias, ninguén pode manterse á marxe, xa que afectará a todas as persoas arrebatándolles a súa soberanía como pobo. Este outono imos a visibilizar as voces de millóns de persoas que esiximos a suspensión do CETA, así como doutros tratados que ameazan o equilibrio ecosistémico e climático do planeta e profundan na brecha da desigualdade global, tales como o TTIP, o TISA ou o TPP.

Este outono mobilizámonos nos cinco continentes. É un outono de resistencia con propostas doutro modelo económico que pon a vida por diante de calquera outra decisión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Hank Rearden

Galicia tiene balanza comercial positiva, ademas de empresas punteras exportadoras. Mi no entender que quiere esta gente.