As viñetas de humor de GC, nunha exposición

A Biblioteca Pública de Santiago de Compostela Ánxel Casal inagura o luns unha exposición moi especial para GC. "Humor non Confidencial" reúne unha escolma das mellores viñetas publicadas polo humorista gráfico Xosé Manuel Fernández Montes na sección de humor deste xornal entre os anos 2012 e 2016.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/11/2016 | Actualizada ás 22:16

Comparte esta noticia

A inaguración, na que participarán o autor e o director de GC Xurxo Salgado, terá lugar o día 14 de novembro ás 19.00 h. A mostra estará no vestíbulo da bibliotecará até o 28 de novembro.

Xosé Manuel Fernández Montes, Hermanager
Xosé Manuel Fernández Montes, Hermanager

A exposición 

A actualidade política, a emigración, o impacto da tecnoloxía nas relacións persoais ou a situación da lingua e a cultura popular galega son temas recorrentes do autor, que peneira a realidade con agudeza e humor. As súas viñetas de trazo limpo e moi persoais utilizan a retranca e os xogos de palabra como ferramentas fundamentais.

O autor

Xosé Manuel Fernández Montes (París, 1972) é asesor especializado en Propiedade Intelectual, mánager de artistas e creador de contidos de humor. Neste último eido cultiva a súa faceta de humorista gráfico en varios medios de Galicia como Novas do Eixo Atlántico ou os dixitais Noticias Valdeorras e Que Pasa na Costa. Dende hai cinco anos conta cunha sección de humor gráfico no xornal dixital Galicia Confidencial. 

Viñeta de Hermanager sobre as eleccións autonómicas
Viñeta de Hermanager sobre as eleccións autonómicas

Non perdeu o contacto con Catalunya, terra na que estivo uns dezasete anos, pois segue colaborando na revista galego-catalá A Micro Pechado, e anos atrás foi colaborador da revista satírica A Retranca, do xornal Galicia Hoxe, A Peneira e o seu suplemento de humor gráfico O Farelo ou da revista deportiva Don Balón.

Antes desta mostra expuso  en L´Hospitalet, Barcelona, Quiroga, Monforte e O Saviñao.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA