Villares confirma que aspira a ser o referente dunha marea plural

A coalición rupturista está a debater este sábado o seu futuro como organización. A posíbel creación dunha portavocía nacional é un dos puntos sobre a mesa, asunto sobre o que hai posturas diverxentes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2016 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

O voceiro parlamentario de En Marea, Luís Villares, asegurou que se o regulamento que saia este sábado do plenario que o partido instrumental celebra en Santiago o permite "conformará" unha candidatura para poñer "voz" ao proxecto de unidade popular, a dirección da cal é plural e "exerce toda a dirección".

Ferreiro, Villares e Beiras no plenario de En Marea en Vigo
Ferreiro, Villares e Beiras no plenario de En Marea en Vigo

Así se pronunciou en declaracións aos medios de comunicación, aos que recordou que "non hai ningunha dúbida" sobre o liderado de En Marea, que "exerce toda a organización". Neste sentido, subliñou que no plenario deste sábado, "todo o mundo poderá expresarse con liberdade" sobre o regulamento político e o documento organizativo. "Hoxe todos somos inscritos que imos expresar a vontade de avanzar nun proxecto mellor para este país", indicou.

Con todo, recordou que, xa os documentos de Vigo marcan que a representación das voces de En Marea "sexa plural". "Vai haber unha pluralidade, sempre houbo esa pluralidade, polo tanto, o feito de que existan portavocías non implica que non vaia haber pluralidade en todo momento", apuntou.

Neste punto, volveu sinalar que el ocupará o lugar que a formación "queira", "igual que o foi ata agora". "Ata agora a miña función foi ser unha persoa de consenso que xuntase todas as sensibilidades do conxunto da marea, que buscase a conciliación fronte á tensión", indicou.

Asistentes ao plenario de En Marea en Vigo
Asistentes ao plenario de En Marea en Vigo
Luis Villares fala coa prensa antes do plenario de En Marea en Vigo
Luis Villares fala coa prensa antes do plenario de En Marea en Vigo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

7 Ted Flanders

coalición rupturista? e con qué ou con qué "rupturan"? coa garabata? Anda que......

6 Soviet Supremo

Pra Failde: Deches xusto no centro da Diana. Son a UPG que lle vale a Beiras. Nin participación, nin horizontalidade, nin democracia interna nin nada. Candidato imposto. Lider imposto por falta de quorum para a alternativa e por incomparecencia desta. Teñen votos porque se se mira a "competencia" que tivo Feijoo nas eleccións... E Podemos hache de ser o mesmo. Un fato de ben mantidos facendo que fan oposición porque tragar con según que cousas por apoiar un goberno non entra no seu sistema moral. Izquiera Hundida de Anguita, segunda parte. Vou por un Prozac, que levo a chorar todo o día.

5 pelexa de cans

xa están aquí outra vez o señoritos estes mareados e mentirosos profesionais, saiu o vello -Vieiras do seu escondixo en REBORAINAS, o feudo, muito se ten que contar do que esta pasando... e veu a meter outra vez, a mercaduría averiada do xuiz do prostitucional o Villano, ninguen o quere na mareyha o intentan meter outra vez con calzador de xefe de podreiros, agora que a masacre e muito a pelexa dos cadelos adoecidos estarrecedora, incluso algún xa dixo que non era nin de pableiras nin de rejon... supoño que será de monedEUROS... o -Vieiras como gran argumento dixo que todo eran caralladas, que non importaba a acumulación de cargos, organicos e institucionais... AQUI ESTA A PP-UTREFACTA DEMODESGRACIA DE PODREIROS!!!!

1 Noam

Esa xenreira que tes penso que a deberías tratar. Un saludo.

4 Imaxes brutais

Non encheron nin esa aula pequena. A desbandada foi logo tan grave ou é que Podemos xa nin participou e só quedan os asesores municipais e os liberados varios. Que pouca xente.

1 Failde

Abondan para controlar o chiringuito, na Upg non son moitos máis e ben que capitanean o barco (até o afundimento total).

3 Gamela

1.173 persoas inscritas ?