Temas: ENTROIDO FUXIDAS

As Terras do Bolo celebran a III Mascarada Ibérica

Este encontro de entroidos tradicionais a nivel peninsular terá lugar o 28 e 29 de xaneiro nos concellos de Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

Por GC Tendencias | Viana do Bolo | 24/01/2017 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

O Folión das Terras do Bolo empeza a quentar motores. Trátase dunha das variadas manifestacións do entroido que atopamos na provincia de Ourense onde a figura dos Boteiros gana especial protagonismo.

Cartaz III Mascarada
Cartaz III Mascarada

Dende hai tres anos, e xa case nas portas do entroido, celébrase en Viana e Vilariño de Conso a denominada Mascarada Ibérica, un encontro de carnavais tradicionais a nivel peninsular que está collendo gran relevancia sociocultural. Este ano celébrase a terceira edición e estarán representados os Folións da contorna pero tamén outras manifestacións entroideiras de Galicia ( Madamas e Galáns de Cobres, Xenerais do Ulla, Felos de Maceda, Troiteiros de Bande, Mázcaras de Manzaneda, Vellaróns de Riós, Galos de San Pedro da Mezquita, Entroido de Santiago de Arriba en Chantada…), de Zamora, Asturias, Cantabria e tamén de Portugal.

Segundo nos relata Secundino Fernández, alcalde de Viana, este gran encontro está organizado por unha comisión do entroido de Viana, no que están representados os diferentes folións (máis dunha ducia), a Asociación Xuntos polo Folión de Vilariño de Conso e este ano tamén pola Sociedade Antropolóxica Galega. Os respectivos concellos e a Asociación de mulleres rurais de Viana do Bolo colaboran tamén no evento.

Froito desta iniciativa e do éxito da mesma o pasado ano recibiron como recoñecemento á súa labor o “Premio Nacional de Antropología y Tradiciones Populares” da man da Sociedad Española de Antropología y Tradiciones Populares.

Así, pois, o día 28 o epicentro deste encontro de máscaras co gran desfile estará en Vilariño a partires das 16.30 h e o domingo 29 en Viana dende as 12.00 h. Secundino convídanos a vivir a experiencia e confírmanos que os dous concellos están listos e preparados para acoller a todos os grupos participantes e todos aqueles visitantes que se queiran achegar.

Folión Viana do Bolo
Folión Viana do Bolo

Boteiro
Boteiro
Temas: ENTROIDO FUXIDAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 galegoexiliado

A turistización e a consagración ó deus Turismo están a conquerir o que non foron capaces nin Franco, nin a igrexa nin o paso do tempo: desvirtuar as nosa tradicions e convertilas en una simple atracción turística. O invento do camino de santiago acabou nun circo turístico donde xa non queda una soa aldea por donde non pase o devandito camino, os rituais relixiosos convertironse en outra atracción turística mais donde so conta o número de visitantes, polo que nalgures copianse tradicions de desfiles andaluces. E o Entroido xa está a ser un circo mais donde non se cuidan as tradicions locais, senon que ahora máscaras e fulions andan xuntas e mesturadas de pobo en pobo en calquer data do ano, xa sexa no inverno, primaveira o en pleno verán, en pobos e platós de TV, todo pola promoción circoturística. E todo coa colaboración de autoridades, políticos e a inestimable colaboración de asociacions e sociedades que dín promover a cultura e tradicions galegas.

1 Rodo

Bueno, Carallo, Bueno

2 kyorsky

A razón, levala todiña.

3 kyorsky

Dandolle estatus de TURISTICO INTERNACIONAL, cargaronse os Carnavales de Cádiz, ¡¡non che digho mais!!qcHf