Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2017 | Actualizada ás 09:01
A dimisión de Pita estaba incluída no punto 2 da orde do día e, segundo fontes municipais consultadas por Europa Press, foi ratificada. A renuncia e o anuncio posterior do decreto que deixa sen efecto o nomeamento da xunta de goberno local e das delegacións conferidas a concelleiros foi recibida con apupos.
E é que, ás portas do salón de plenos, con significativa presenza de efectivos da Garda Civil e da Policía Local, quedaron numerosos veciños críticos coa ruptura do goberno que ata agora conformaban a formación independente Sanxenxo Agrupación Liberal (SAL) --encabezada por Pita--, PSOE e BNG.
A ruptura anunciárona Martín e Pita o pasado venres nunha rolda de prensa conxunta na que compareceron arroupados polos concelleiros de cada un dos seus partidos.
Populares e liberais suman unha ducia de edís dunha corporación de 17, aínda que a que era concelleira de Seguridade Cidadá, Vanessa Rodríguez Búa (SAL), mostrou o seu rexeitamento a formar parte deste bipartito.
MARTÍN VOLVE Á ALCALDÍA
Tras a sesión deste luns, o Concello deberá convocar outro pleno, esta vez extraordinario, no que Telmo Martín recuperará o bastón de mando que tivo entre os anos 1999 e 2006, antes de tentar, sen éxito, desbancar a Miguel Anxo Fernández Lores e ao BNG da Alcaldía de Pontevedra en dúas ocasións.
Nas eleccións municipais de 2015 regresou a Sanxenxo para substituír a Catalina González á fronte da candidatura do PP.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.