En Marea e BNG critican a Feijóo por permitir que se regale a banca galega

O presidente da Xunta di que xa fixo xestións para que o Santander manteña a marca Pastor e que se “investigue” a compra. Avanza que no segundo semestre do ano atenderase a 3.000 dependentes máis, pero Leiceaga pídelle que "abra" as residencias finalizadas e un plan a medio prazo para sumar 2.000 prazas novas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/06/2017 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quere agora converterse nun dos principais defensores da “galeguidade” do Banco Pastor. Unha defensa que se produce logo de que esta entidade fora mercada por 1 euro polo Banco Santander e cando xa este banco dixo que non ía manter a marca, e tamén ante fortes críticas da oposición que o acusan de permitir regalar "a prezo de saldo" toda a banca galega.

Luis Villares e Ana Pontón.
Luis Villares e Ana Pontón.

O líder do PPdeG revelou na sesión de control ao Goberno na Cámara que, "72 horas" despois de que se ratificase esa compra remitiu un escrito á presidenta da segunda entidade, Ana Patricia Botín, con varias peticións, entre elas a de "manter a marca do Banco Pastor", que a banqueira se comprometeu a "estudar".

"Dime que vai estudar todas e cada unha das consideracións do presidente da Xunta e chamoume para reiteralo", remarcou Feijóo, quen, ademais de manter a marca do Pastor, por entender que beneficiaría aos traballadores da entidade e contribuiría a preservar o emprego, tamén trasladou ao Santander a necesidade de "velar polos pequenos accionistas".

Así, segundo explicou, no escrito que enviou a Botín, Feijóo remarcou que os traballadores da entidade "non teñen ningunha responsabilidade" sobre o ocorrido e que "a moitos se lles obrigou a comprar accións do banco, polo que agora mesmo os seus postos de traballo corren perigo e teñen accións a valor cero". Tamén pediu que se faga "unha peza separada" para estudar "como se pode indemnizar aos accionistas que acudiron á última ampliación de capital".

Críticas da oposición

A sesión foi bronca, a pesar dos argumentos esgrimidos por Feijóo. Pontón e Villares cargaron con dureza contra o presidente afeándolle tamén o proceso das caixas de aforro galegas, ademais do ocorrido co Popular. Cun euro na man, que "ao común dos mortais non lle dá nin para un café", a dirixente nacionalista sinalou que esta moeda bastou a Botín para "meter na súa bolsa da compra" o Popular.

Alberto Núñez Feijóo no pleno do Parlamento de Galicia
Alberto Núñez Feijóo no pleno do Parlamento de Galicia

"A liquidación do Popular Pastor é o epitafio do sistema financeiro galego", proclamou o portavoz de En Marea, Luís Villares, quen definiu ao Santander como "o eucalipto" do sector financeiro na comunidade e denunciou o "espolio". "Por que non actuaron os mecanismos reguladores se podían suspender a cotización en bolsa? Por que a dirección do Popular non tomou medidas?", preguntouse.

Ao seu xuízo, calquera outro presidente autonómico estar a formular estas preguntas, pero "Feijóo é un presidente manso e mudo". Dito isto, manifestou a súa convicción de que "non se fixo nada" porque existía unha operación dirixida "a que o Santander quedase co Pastor". Villares, que tamén reivindicou que se manteña a marca do Pastor, sinalou que Santander "explota a banca como a Xunta explota o monte, de costas ao país" e alertou do "drama do emprego", á vez que insistiu en saber "quen recibiu do chivatazo" do que ía ocorrer co Popular.

Pola súa banda, Pontón incidiu na duplicidade de oficinas e os empregos en xogo, e acusou a Feijóo de ratificar "a desaparición do sistema financeiro galego". "Onde estaba vostede mentres se puña en marcha a liquidación do Pastor? Nos biosbardos? Vostede sabía que se ía a producir a venda por un euro? Fixo algo ou volveu ser cómplice?", preguntouse.

Ao tempo, Pontón apelou a facer "unha fronte común" no Parlamento para que se manteña a marca do Banco Pastor, se garanta o emprego e a rede de oficinas no rural. E é que, aínda que celebrou que Feijóo tamén apoie este extremo, advertiu de que "unha conversación que non se plasma en compromisos concretos ten o mesmo valor que as que se marca Rajoy con Trump".

Prazas en residencias

Por outra banda, o presidente da Xunta avanzou que no segundo semestre deste ano atenderase a 3.000 dependentes máis, á vez que reiterou os compromisos de alcanzar os 60.000 dependentes atendidos cando finalice esta lexislatura e construír sete residencias nas cidades, onde hai unha maior lista de espera, ata sumar 900 prazas.

Fronte ás críticas do portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, quen alertou dos "elevados" tempo de esperas para entrar nas residencias de maiores e esixiu, entre outros puntos, a dotación de máis prazas para alcanzar "a media do Estado", Feijóo reivindicou a súa xestión.

"Hai máis dun 30 por cento máis de prazas que cando gobernaban vostedes, seis veces máis de atención no fogar e o triplo de dependentes atendidos, de 14.000 a 48.775", enumerou o xefe do Executivo, quen avanzou que no segundo semestre do ano incrementarase o número de dependentes atendidos con outros 3.000.

Pola súa banda, o portavoz parlamentario do PSdeG advertiu que "os hospitais buscan fogar a persoas que non poden volver a casa" e incidiu en que "para igualar a media española" de prazas sostidas con fondos públicos farían falta máis de 3.700.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

6 Poltrona workin´class

Que dí agora a Poltrona, se o Bng votou nou seu día co Pp a favor da fusíon entre Caixagalicia e Caixanova? E que non sabían cal era a finalidade da operación? As hemerotecas están aí, farsantes.

5 Arturo

1) O Banco Pastor non era propiedade da Xunta. 2) A Xunta non ten nen tiña competencias encol da venta do Banco Pastor. Xa que logo, o titular da noticia é moi demagóxico. A Xunta non pudo facer nada para impedir a venta, nen o Banco pastor era un Banco Público, que fora vendido pola Xunta. A idea que hai detrás deso é que a Xunta, ou quen sexa, ten poder para todo i é responsable de todo. E una idea infantil, pero en moitos sectores seica cola.

4 Galegus

Nótase moito que Poltronas e Fillares botan de menos un posto no consello de administración dunha caixa galega, como tiña a Barcona e outros. É que os seus actuais sueldazos parécenlles pouco.

1 Balbino

Sueldazos?????? Teñen un plus por seren nacionalistas ou seres de de esquerda, cobrarán o que está estipulado por representarnos os que lles votamos así que mellor estabas caladiño para dicir chorradas

2 Nemo

Balbino, o sentido crítico é algo do que careces cando se trata dos teus amos políticos. Moitos pensamos que os soldos dos políticos son totalmente inmorais na situación de penuria económica que temos. Ser de esquerdas é dar exemplo e non soltar discursos baratos mentres te forras á conta dos demais

3 balbino

Sentido crítico? é o que penso. Non creo que un salario que se queda na maioría destes casos en menos de 2000 euros (logo de doazóns, irpf, aportacións... ) limpos sexa un "sueldazo", máis ben miro escaso para o traballo que realizan algúns parlamentarios. De verdade que non os quería eu. No caso dos concellos son moitos os militantes que perderon os seus traballos ou son apartados e marxinados nos mesmos por presentarse polas siglas do BNG. Os parlamentarios do BNG nunca foron premebotóns en Santiago ou Madrid. De todos modos se existira unha maioría de esquerda nacionalista estou moi seguro que mudarían moitos privilexios do políticos.

4 Lozano & Lores SLU

As doazóns, Balbino taparrabos, sonche unha leria coa que enganades incautos! Igual que as de Amancio Ortega ou as de Ronaldo, valo pillando? Voluntarias, asegún, non sempre, controladas polo partido, destinadas a asesores e mantidos, a medios amigos, a garantizarse a silla quente... a estas doazóns e aportacións chamámoslles caridade ou inversións no negocio, o IRPF está en función do trincado, como todos... Mudarían os privilexios? cando os do BNG son os primeros que se apuntan a viaxes en primeira (Jorquera en primera e Feixoo en segunda, vino eu de xeito repetido, e non son do Partido Podre), Sicavs de Luxemburgo (lembras Camilo Nogueira,aínda ninguén se disculpou), cafeterías subvencionadas (a chupar que paga o contribuinte), choferes e vehiculos oficiáis (Olalla de recados por Santiago, Candocia e o taxista). Tapa, tapa Balbino!

5 Balbino

Estás en todos lados eh, un pouco sospeitoso amigo jajajajajaja moito cadras tí cós pouco cargos que hai do BNG, que casualidade que sempre os miras jajajajajaja. Pos o mesmo en tódolos comentarios. Venha segue có teu chollo de desprestixiar o BNG que aínda é máis patético que o de taparrabos do mesmo.

6 kollontai

Balbino aguanta a cruzada contra o BNG. Eu estou contigo, se non somos a mesma persoa diria que durmimos xuntos jajajajajajaja.

3 Manicomio mareante

"Estamos decepcionando y no ocupando el espacio que nos corresponde ha manifestado Suarez para censurar que En Marea solo hable de sí misma y "no esté llegando" a las calles"Las asociaciones judiciales no están para asesorar a los partidos políticos en mociones de censura".ha expresado Villares. Ferreiro critica a Villares por mudar de aliados na confluencia. Ferreiro censurou que Villares decidise procurar apoios "en dúas listas máis pequenas para "sacar unha maioría", o que o tería levado a excluír a Marea Atlántica. Villares personifica, segundo Ferreiro, un estilo de facer política máis ben tradicional ou clásico, afastado das políticas de ruptura. Suárez: di que “En Marea decepciona por sus líos y si Villares se equivoca habrá que corregir”

2 Xoc

A lección desta mañán de Pontón no Parlamentiño foi de 10. Estase convertendo no látigo de Feijóo. Discurso, formas, axilidade nas respostas... Parlamentaria moi moi boa. Leiceaga co seu buenismo nin está nin se lle espera. Villares é a eterna promesa que non acaba de despuntar, a bandazos polo devir da súa organización. Podemos está impedindo o traballo dos galeguistas da Marea

1 comunista independentista

Velaquí toda a complexidade mental do bloqueiro medio: "BNG mola, resto caca".

2 PedroC

É que Villares dá moita peniña. Se lle sacas de diante o papel que está a ler non é ninguén. Está defraudando a demasiada xente.

3 Androide

Non critiquedes o Villares, ó! como xa dixo el cando entrou no parlamento, os de En Marea veñen a aprender. Que sexan bastante lerdos non é culpa deles. Paciencia. O homiño fai o que pode.

4 Fada-lobo empoderada

Pois xa se pode ir poñendo ao día: http://www.europapress.es/nacional/... Coidado, que por aquí andan á caza de simpatizantes do bloque utilizando, a falta de argumentos, descualificacións machistas... Xa sabedes: son os que fales do que falen din "Kollona"... Pobriños... Por certo, en canto lles reprochas a súa carencia de argumentos e os insultos adoptan unha conduta tipicamente ninista de vitimismo extremo. Coitadiños... Debe de ser duro traballar tanto e con tan pouco talento con este sol... Ai...

5 Fada-lobo empoderada

Con cariño para o komunista do comentario 1: https://www.youtube.com/watch?v=XqE...

6 Ana

Delicada e sensible Kollontai, Fada, Pasabaporaqui, Agromando, e outros nomes para repetir consignas de bloqueiro agradecido e despistar e facerte pasar por multitudes, ti non es unha simple militante do BNG, ti es unha mantida do BNG: http://www.galiciaconfidencial.com/... (ver comentario 1-11). O Comunista Independentista, tamén coñecido como LKI, ao teu lado é un aprendiz de troleiro. Que o PSOE mellore con Pedro Sánchez para que calmes a fame ti e os trepas que dirixen o BNG, pois vendida xa estás, polo menos que resulte satisfactoria a mantenta! A túa sensibilidade remata na barriga agradecida!

7 Fada-lobo empoderada

Previsible Ana (quen quizasi teña tamén outros multinicks... vendo o estilo de redacción) a min a única que me deu de comer foi a miña familia e ás veces pasando privacións, non coma os mociños da seudoesquerda burguesa caviar que andan a dar leccións aos rapaces traballadores e agricultores. Sube a un andamio ás seis da mañá e tira con este sol, a ver se che quedan ganas de dar a murga a quen coma min só busca o mellor tal e coma eu o entendo, sen seguir a ningún gurú porque entre outras cousas, son marxiana, de Groucho, e nunca entraría en ningún club no que quixeran admitirme. Toma a vida con máis humor, Ana... E proba a subirte a un andamio e despois ves dar as leccións. Creme, na miña familia fano moitos. Así que xa ves que me vai importar moito o que ti e outros "salvadores" do que sexa me veñan a predicar. Menos predicar e máis dar trigo.. https://www.youtube.com/watch?v=ayR... Ana............ Te vas a constipar...

8 Fada-lobo empoderada

Halturaza intelectual que se ghastan... Mi madriña... Pero non saben soster unha discusión argumentada. Só descualificacións: "barriga agradecida", "Kollona", etc... Podo pasar porque me chamen o que non son, pero non o farei porque me insulten con descualificacións machistas porque son muller. Que teño que facer para evitalo: pedírllelo aos do Colexio Profesional de Xornalistas? Non aos micromachismos. Non é moito pedir que estes deixen de chamarme Kollona? Ou si? Todo vale para xerar polémica?

9 nostrus

Fada-lobo empoderada. posiblemente ti non sexas tan radical como pretendes ser e teñas personalidade propia e por eso amosan o seu desprecio hacia ti. Para ser templada hai que pensar e decidir ata onde un debe ser templado e esta xente só saben aturar o frio ou calor e cos que son templados descolocanse. Eu sempre me manifestei a favor do bilingúismo, da realidade, da diversidade, da pluralidade, do mestizaxe e da aportacion entre culturas e por eso colleito as sua iras. Non te laies, sinte mágoa deles.