Feijóo sofre unha das súas derrotas políticas máis evidentes

A confirmación de que o Goberno veta por segunda vez o debate sobre o traspaso da AP-9 evidencia a perda de peso do galego no PP estatal. A Xunta coñeceu pola prensa a noticia. A oposición aproveita, loxicamente, para furgar na ferida.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 01/07/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Cando os xornalistas preguntaron este venres ao vicepresidente pola negativa do Goberno a que o Congreso debatese a Proposición de Lei para o traspaso á Xunta da Autopista do Atlántico, Alfonso Rueda apenas acertou a pedir máis tempo para avaliar os motivos esgrimidos por Fomento. E esta foi toda a reacción do do Goberno Galego. De Feijóo non houbo noticia nin declaracións en todo o venres. 

Votación por unanimidade para pedir o traspaso da AP-9 no Parlamento
Votación por unanimidade para pedir o traspaso da AP-9 no Parlamento

 

O certo é que a Xunta de Galicia soubo da decisión de Moncloa pola prensa. O goberno de Mariano Rajoy, argumentando que o traspaso custaríalle 4.500 millóns e afecta aos Orzamentos, veta que se tome en consideración o que demandou por unanimidade o Parlamento Galego. Ao PPdeG as malas noticias chegáronlle tarde, de rebote.

 

Unha evidencia máis de que Alberto Nuñez Feijóo xa non é unha figura en alza en Madrid. Lonxe quedan os tempos no que o mandatario galego se paseaba por todo canto plató de televisión había postulándose entre liñas como relevo de Rajoy.

Autoestrada AP-9 en Chapela, Redondela
Autoestrada AP-9 en Chapela, Redondela | Fonte: Galipedia

 

Conscientes da ferida aberta, as fauces da oposición avalanzáronse onte sobre a figura do mandatario dos Peares.  

 

“Este veto demostra que Feijóo ou ben é cómplice desta tomadura de pelo ao pobo galego ou é un cero á esquerda en Madrid e non pinta nada como presidente de Galicia, pois non exerce como tal” enarborou por exemplo o vicevoceiro de En Marea. Para Antón Sánchez evidenciou que en Madrid nin se leron os compromisos que ofreceu Galicia a cambio da transferencia. “Volven facer referencia aos custes do rescate cando na Proposición de Lei se eliminou esa posibilidade, multiplicando a facturación bruta anual polos anos que quedan de concesión”, denunciou Sánchez, para quen este informe é “unha tomadura de pelo ao pobo galego”.

 

Dende o segundo partido máis numeroso da oposición lanzan un chamamento ao presidente. “Feijóo non pode mirar para outro lado, non pode dicir unha cousa en Galicia e facer en Madrid a contraria” argumentou Xaquín Fernández Leiceaga en referencia as contradicións entre o PPdeG e o PP. En opinión do voceiro parlamentario do PSdeG, “a única maneira que ten de demostrar que non está detrás desta burda manobra é desbloqueando o debate desta iniciativa”. Leiceaga tamén cre que o texto pactado en Galicia evitaba que o Estado sufrise custo algún, polo que o argumento esgrimido por Fomento lle parece falaz. 

 

No Bloque tamén apuntan ao presidente. A fronte considera que deste “agravio” o culpaple é “o presidente da Xunta pola súa incapacidade para defender os nosos intereses, que no pasado xustificou e seguro volverá xustificar este informe, o que conduce a que Galiza sexa máis irrelevante e demostra cada día que Feijóo non pinta nada en Madrid”. A súa voceira, Ana Pontón, contrapuxo que o Estado vete este mentres toma medidas que lle custan máis cartos, como o rescate das autopistas radiais de Madrid.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 QueMaloEsElBipartito

E cando non foi derrotado o goberno do servidor do narco? Etiquetaxe alimentar: aí vemos mencía de Valencia, albariño de La mancha. A sanidade privatizada con casos escandalosos coma o do Cunqueiro. A política forestal que xa é un perigo público. O recurso do concurso eólico tumbado. O peche discrecional dos colexios. A sumisión a Villar Mir con ferroatlántica e a Costa da Morte. O encubrimento criminal do caso alvia. O da tarifa eléctrica galega que non podía ser pero si pode ser a vasca. Caso Pokémon. Desemprego crónico. Peche das explotacións gandeiras. E podo seguir eh!

2 Inútiles

Que goberno de inútiles...

1 Gamela

É lástima que non teñamos en Galicia quen chame á "desobediencia civil" / Que paguen Feijoo & Mariano ! Pero claro estas iniciativas xa non as poden levar adiante os aforados do Parlamento de Galicia (aos que lles pagamos as peaxes entre todas!) https://goo.gl/ZmJivL

1 Gamela

cando as Iniciativas Lexislativas Populares esmorecen nas Comisións do Hórreo, qué podemos agardar do Goberno da Moncloa? NADA de NADA en todas partes !!! http://www.galiciaconfidencial.com/...

2 Lionel

Después se extraña rajoy que lo llamen persona non grata normal pero claro un ti o que no nació en Galicia e hijo de pu ta y la dron que vais a esperar