Temas: LORES PONTEVEDRA

En Pontevedra haberá touros malia 100.000 firmas en contra

O Concello, oposto en teoría as touradas, non pode prohibir a lidia pero apoia á empresa propietaria da praza mediante un convenio de colaboración para alugar o recinto noutros eventos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2017 | Actualizada ás 16:53

Comparte esta noticia

Un total de 103.000 persoas subscribiron a petición da plataforma Change.org en contra da feira taurina de Pontevedra, única cidade galega con praza de touros.

Corrida de touros
Corrida de touros | Fonte: Europa Press

As asociacións animalistas Libera e Galica, Mellor Sen Touradas axuntan esforzos para acabar coa tauromaquía en Pontevedra, como xa ocorreu na Coruña ou en municipios como Sarria (Lugo) e Padrón (A Coruña).

Os colectivos abolicionistas, tal e como sinalaron nun comunicado, reclaman a supresión das axudas públicas xa que, aseguran, "A Coruña e Pontevedra malgastaron decenas de miles de euros" nesta actividade a través das deputacións provinciais.

En calquera caso, Pontevedra converteuse nun "obxectivo a bater" para as asociacións animalistas, que buscan agora un cambio lexislativo que permita que sexan os municipios os que poidan autorizar ou non un evento tauromáquico.

Temas: LORES PONTEVEDRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

19 totum_revolutum

E volta a burra ó trigo: ¿Hai algúnha alternativa mellor que a praza de touros como espacio para certames do concello? Se hai, decilo públicamente non vos vai a quitar razón aos antiBNG. Outra preguntiña: ¿Deixaría de haber touradas se o concello de Pontevedra non tivera convenio? Non,¿ verdade? E, para quen compara o BNG co PP ou di que son iguais decirlle: Tedes vós dado algún apoio ao referendum catalán, vai ser que non,¿ verdade? Pero¿ vos que pensades? ¿ que os demáis somos parviños e non sabemos o que sodes? Xa podedes chamarme taparrabos do BNG ou p.ñetas. ¡ Non vos creo! Para empezar por que, se seguira o BNG as vosas arroutadas, faríase unha diana fácil do PPSOE coa súa teima dos "nacionalismos radicales y excluyentes". Por iso, e porque estades na posición de tapar ao PPSOE e pactar con el mentras criticades ao BNG, é que dades noxo; amosa que sodes servos do PPSOE e tentades que non haixa ese incómodo nacionalismo en Galiza...Ide a pelar fabas.

18 Galego

Claro claro claro o BNG é un partido franquista e españolista todo aclarado, ide a contarllo o voso psicolog@ que vos trata con tanto agarimo.

1 galego antiespañol

http://mareapontevedra.org/marea-po.... A realidade é moi dura, non hai como negala por moi tozudo que sexas, o BNG e o Partido Podre manteñen as touradas en Pontevedra. Así votan xuntos no pleno da corporación municipal. Non che gusta? Revélate contra os teus: díllelo na cara aos do BNG ou cala e aplaude para ver se quitas tallada! E que che conten como o BNG mantén a rua Sor Lucía, con grandes indicadores que sinalan o milagro na liña propagandística e ultracatólica de Fátima, como corresponde a un partido nada aconfesional e moi reseso (Franco e Salazar non o farían mellor).

17 Ramirás

En Pontevedra hai touros, rúas a ministros franquistas, símbolos da Falanxa polos edificios, monumentos a xenerais da garda civil inaugurados por Lores e "fillos predilectos", desde esta mesma semana, que foron dirixentes do Movimiento Nacional, dos de camisa azul e brazo en alto. As asociacións promemoria histórica do resto da Galiza, caladiñas. Antes, os antitouradas tamen miraba para outro sitio, mais as cousas xa cambiaron, e moito. Pois estes da "memoria" que espabilen tamén e non pensen só nas subvencións.

16 Lozano & Lores SLU

A culpa das touradas en Pontevedra é de Podemos. A honra da peonalización, tamén de Podemos. Por suposto, sen praza de touros é imposible facer unha feira medieval, a quen se lle ocorre tal desaguisado. E os Lozano son eminentes empresarios pontevedreses aos que hai que apoiar desde o concello para que sigan programando a Fiesta Nacional, sen o concello dá perdas, o alcalde de Podemos sábeo e contribue como debe facer calquera nacionalista español. Que sorte ten Pontevedra co alcalde de Podemos que apoia a Fiesta Nacional. Que patéticos os do BNG por querer acabar coas tradicións arraigadas de Pontevedra, coa súa españolidade, coa empresa local dos Lozano... Que pouco patriotas españois son os do BNG, grazas a Podemos por permitirnos gozar mentres os bravos touros sofren o seu merecido sacrificio público para deleite dos pontevedreses e visitantes amigos de España. Longa vida ao alcalde de Podemos de Pontevedra!

15 LKI

Suscursal do PeSoE, monicreques da banca española e agora pro-taurinos. Qué noxo de BeNeGá.

1 LKK

Claro home por iso vós vos aliades con Podemos votar a favor das touradas en TVE e por Castela adiante e con IU "ser antitaurino es ser pequeñoburgués".

2 M. Meixide

Un pequeniño detalle sen importancia: antes de existir Podemos, e sen que IU do PCE pintase nada na Galiza, en Pontevedra gobernaba o BNG da UPG e facianse touradas. De nada, xa sei que o sabías, pois mesmo tíñades concelleiros do goberno do BNG animando peñas e defendendo con entusiasmo os touros. Se cadra o problema de Pontevedra non é de Raxoi nin dos madrileños... Claro que recoñecer que o problema está dentro sería moito pedir.