Por Galicia Confidencial | Ferrol | 25/08/2017 | Actualizada ás 17:00
“Pobo español lanza unha campaña internacional para que Banksy pinte un graffiti na casa natal de Franco”. Así titula o xornal británico The Daily Telegraph unha estensa crónica na que se fai eco do campaña publicitaria polo certame cultural e artístico de 'As Meninas de Canido' na que se convida ao artista Bansky a participar neste evento.
De feito, e aínda que non estaba previsto polos organizadores, The Telegraph preguntou a un deles se podería ser a casa onde naceu o dictador Franco. “Penso que podería ser unha fantastica idea. A xente ben aquí só a ver a casa onde naceu Franco... Preferiría que viñesen a ver a Banksy”, suliñou ao xornal Eduardo Hermida, un dos organizadores deste certame.
Precisamente, o artista Eduardo Hermida é o principal impulsor da iniciativa que que ten coma principal novidade neste 2017 "a implicación dun mecenas", en alusión á marca cervexeira Estrella Galicia. De feito, foi esta marca a que pagou a campaña publicitaria en valos exteriores en Reino Unido e mensaxes dirixidas a Banksy en diarios europeos como The Times, The Daily Telegraph, A Repubblica, Le Parisien ou The Guardian.
The Telegraph fíxose eco destas mensaxes publicitarias e aproveitou para facer tamén unha estensa reportaxe –non se sabe se pagada ou non pola cervexeira coruñesa-- para instar a que Banksy vaia a Ferrol. O emblemático artista, de identidade descoñecida, ten numerosas obras urbanas recoñecidas a nivel mundial en varias cidades de todo o mundo, sobre todo en Londres.
Reservarase o barrio de Canido
"Para nós o feito de que poida vir Banksy é o máximo ao que podemos aspirar nun festival de arte urbana como o noso, onde este autor descoñecido é a maior representación da arte urbano e a súa presenza sería un privilexio para nós e para a propia cidade de Ferrol, xa que o ter no barrio de Canido unha das súas obras, sería un gran reclamo no aspecto turístico da cidade", sinala Herminada.
Orixinalmente, a compañía cervexeira, propuxera reservar un espazo no barrio de Canido para Banksy, aínda que a idea de The Telegraph podería mudar as intencións do artista se chega vir á cidade departamental. No caso de que acuda á cita, esta sería a primeira obra oficial do autor en España, posto que a que se atopou en San Sebastián foi borrada e nunca se chegou a confirmar a súa autoría.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.